Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Feliz 2014!

jueves, 02 de enero de 2014
Váisenos 2013 e chega chega 2014.

Os humanos somos moi amigos das celebracións: celebramos a despedida dun ano e ó mesmo tempo xa estamos celebrando a entrada no seguinte.
Cando rematemos dous mil trece, deixaremos atrás as fatigas do 2013 –porque xa pertencerán ó pasado-, para renovar forzas para o 2014.

Porque 2014 está chamando á porta para recibirnos cos brazos abertos e dicirnos:

-Non volvas a vista atrás como fixo a muller de Lot.
Mira para adiante e bótalle valor á vida que che vai facer moita falta.

-Se 2013 che foi moi bo, intenta que 2014 sexa mellor para superarte. Non te durmas.

-E se 2013 che foi regular, a ver como te amañas para saír do bache.

En calquera caso que nos atopemos, 2014 vainos esixir entrega plena a todos para conseguir que sexa un ano prometedor.

Que teremos que superar retos novos, está moi claro.
O tempo dásenos para ir desenrolando os nosos talentos na medida das nosas posibilidades.
Tal como se nos pon a vida, vai haber traballo e “traballos” abundantes para todos:

-A INFANCIA vai ter que apreta-los cóbados porque van empezar cedo as reválidas.
Eso xa nos pasou a outros e non se ten noticia de que ninguén se quedara calvo por moito estudiar.
En calquera caso todo o que mellore a súa formación, redundará no seu proveito.

-A ADOLESCENCIA vai ter que racionalizar mellor o tempo, o esforzo e a economía para compaxina-los seus deberes estudiantís con outras necesidades propias desta idade.

-A XUVENTUDE ademais de estudiar vai ter difícil fundar unha família; pero a sociedade española, -moi avellentada toda ela-, está necesitando imperiosamente sangue novo para levanta-lo país.

-As persoas en ETAPA ADULTA van encontra-lo terreo ben abonado para buscarse o pan da cada día e unha xubilación para cando as forzas non lle permitan sachar nin cavar.

-As persoas entradas na ETAPA SENIL imos ter que aprender a botar contas porque as forzas vannos a menos e as pensións, din que tamén.
Paradoxas da vida.

Non sei por que me parece que desta, non se vai escapar ninguén, exceptuando aqueles poucos que teñen a sorte de escaparse sempre.
Pero son unha minoría.
Á inmensa maioría vainos tocar de “pandar “ co que veña.

Pero estou convencida de que a sociedade española saberá saír adiante porque cando a necesidade obriga, o inxenio ponse en acción.
Doutras etapas máis difíciles saíron os nosos antepasados e nós non imos ser menos. Por algo levámo-los mesmos xenes que eles.

Aprenderemos a administrarnos rectamente.

Aprenderemos a prescindir de cousas prescindibles.

Aprenderemos a volora-lo que temos.

Aprenderemos a saborea-lo valor do esforzo, que o temos un pouco arrinconapo.

Aprenderemos que antes de comer galiña, hai que comer sardiña.

Seguramente que aprenderemos a recuperar moitos volores que temos arrinconados no baúl dos recordos:

-A aproveita-los alimentos sen tirar nada. (Os entendidos din que se tiran moitas toneladas de alimentos no mundo e que incluso están creando problemas medioambientais).

-A non gastar máis do que se ten.
E a ser posible, aforrar algo para cando non haxa, como facían os nosos avós cando non tiñan eso que en España chamamos Seguridade Social.
(Non esquezamos que a maiorá dos países do mundo carecen deste ben tan preciado. A ver como facemos nós para conservalo).

Porque despois do tempo de vacas gordas sempre chegou o tempo de vacas fracas.
Hai un refrán popular que di: “Día de moito, víspera de nada” (Non sei por que me parece que o estamos comprobando)

-A saber administrar a nosa economía, o noso tempo, e os nosos talentos:
Porque de despilfarrar ninguén se puxo rico. Nós non imos se-los primeiros por moi listos que nos consideremos.

-A racionaliza-lo noso consumo, mirando ben o que podemos gastar.
Porque se quero gastar moito e non podo; estou nadando contra corrente e máis cedo ou máis tarde acabarei sen forzas para seguir.

-A priorizar según unha escala de valores.
A escala de valores é de suma importancia.
Lémbrome dun profesor que tiven na miña xuventude que nos dicía que era preferible andar cunha gabardina vella antes que andar mal alimentados, por poñer un exemplo.

-A valora-las cousas positivas:
Todo ten o seu lado positivo.
As persoas que saben apreciar o lado positivo da vida, obteñen moito mellores resultados e son moito máis felices.

-A sacar forzas de onde sexa:
Todos comprobamos nalgunha ocasión, que cando nos vemos en apuros, agarrámonos aínda que sexa a un ferro ardendo antes de claudicar.

-A superarnos...
Na superación consiste a evolución.
Se estamos o evolucionados que estamos é grazas ó esforzo de tódalas xeracións anteriores a nós.

Pero como cada pau ten que aguantar de súa vela, a nós neste momento tócanos aguantar dunha vela ben grande.
Pero coste o que coste, temos que aguantar porque non podemos permitirnos o luxo de abandoar á deriva a embarcación na que estamos metidos.

Porque do mesmo xeito que non se sabe o que podemos aguantar cando temos dor e a enfermidade nos visita; tampouco se sabe do que somos capaces de avanzar ata que poñemos tódalas nosas capacidades a producir.

Se nos concienciamos de que chegou a hora...

Seguro que 2014 será un ano de superación para todos porque somos moitos os que sentimos esa necesidade.

Coñezo moitas persoas de tódalas idades que están empeñadas en saír deste bache.
E confío que os poderes públicos tamén redoblarán esforzos porque o pobo, neste momento, clama ó ceo e tamén está en disposición de presionar democraticamente.
Entre todos, venceremos esta crise que nos está amordazando e sentirémoos orgullosos dos nosos logros.

¡FELIZ 2014!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES