Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O conto de nunca acabar

lunes, 30 de diciembre de 2013
Volve o frío. Pero estou case a suar. De andar dun lado para outro. Mercando, claro. A vida consiste en mercar. Mércase todo. Ata o silencio, ás veces. Mercas nun lado certa clase de comida e pillas noutro lado outros avíos. Colles tres ou catro bolsas de froita, algunha barra de pan, tomas uns cafés e ata mercas uns números de diversas loterías.

A verdade é que os petos dos pantalóns son consistentes de carallo; estás practicamente todo o día metendo as mans neles para sacar os cartos unha e outra vez. Para mercar. Mercar. Mercar. Ata o silencio.

O silencio nunha carballeira; á que tes que ir nun coche ó que lle tes que mercar gasolina. Pago o café. Paguei a tinta do bolígrafo co que estou a escribir. E o caderno no que estou escribindo. Non sigo. Sería o conto de nunca acabar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania