Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día de Internet

martes, 25 de octubre de 2005
Hoxe é o primeiro Día de Internet. ¡Felicidades!.

Alguén merecerá felicitación por te-la idea de adicar un día ó ano ó maior fenómeno de comunicación de entre dous séculos; alguén merecerá felicitación por pertencer a un sector tan novo e, sen embargo, con tan intensa traxectoria na sociedade dos últimos anos.

Naturalmente que este tipo de celebracións teñen moito de folclóricas, e moitos sectores renegan porque se adiquen días a sectores supostamente minoritarios por entender que a propia adicación significa recoñecer oficialmente a postergación que sofren.

Non é o caso de Internet que desde o momento da súa irrupción na sociedade conquistou altísimas cotas, nunca soñadas, chegando a suplantar ou superar ós sectores de negocio tradicionais. E ó filo de 2000, a palabra Internet, a presencia neste novo mundo, o concepto de Rede facía subir ó ceo das empresas proxectos con feble base ou sen contido abondo, equiparando ó sector ó País de Jauja.

Dura foi a caída dos inicios de século. O caso de Terra deu en terra con millóns de ilusións. Internet sufríu un durísimo reaxuste no mundo, en España e en Galicia, Os últimos catro anos foron de resistencia, de búsqueda de novos campos, de asentamento nunha sociedade que precisa desesperadamente desta Rede en perigo de perderse antes de ser conseguida.

A Administración, e falamos de Galicia, posicionándose no tema. Sen apoiar ó sector privado, alomenos de xeito decisivo, pero sí facéndose forte sabendo o poder da información libre e ó alcance de calquera. E as Institucións -Caixas, grandes corporacións, Fundacións- entrando decididas no sector, directamente ou a través de filiais, para copar o mayor abano de actividade nun mundo que vai ser algo moi grande, "a gran esperanza blanca" dunha sociedade necesitada de esperanzas, pero cun presente difícil e en loita constante.

Vintecinco de outubro, día de Internet. O primeiro. ¡Por moitos anos!. E felicidades a todos (tamén, claro, ós usuarios!) por estar ahí.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania