Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inoperancia

lunes, 24 de octubre de 2005
No xulgado do Penal número 1 de Lugo ven de ser xulgado un manteiro por un delicto contra da propiedade industrial, ó ser sorprendido vendendo discos compactos falsificados nas festas do San Froilán de 2001.

O imputado, senegalés, foi detido pola garda civil con 167 copias piratas, polo que pagará unha multa de 450€, pactada entre a fiscalía e a defensa. Ata aquí a noticia, que sería cómica se non fose tráxica.

Veñen de rematar as festas do san Froilán de 2005, e este ano os manteiros multiplicáronse por cen, como mínimo.

Toda a cidade, non só o feiral senón tódalas rúas do centro, se veu invadida por vendedores de "cedés", colocados nunha manta suxeita con cordóns polos seus catro extremos para poder tirar deles nun momento dado e sair correndo. Centos e centos de vendedores clandestinos que inundaron a cidade, movéndose dun lugar a outro según ían aparecendo as forzas da orde.

Quen se adica a esta venda non é máis ca o último eslabón dunha cadea á que hai que atacar polas alturas. E de nada valen estas campañas seudo-informativas que pretenden move-la nosa conciencia para non mercar productos falsificados se non se fan esforzos por seguir a pirámide de xeito ascendente e anular o problema desde a súa mesma raiz.

Todos entendemos que as falsificacións son un atentado contra os dereitos dos autores, pero non é o clandestino que malvive coa súa venda o enemigo a bater. O emigrante que vende cedés nunha esquina podería estar vendendo cupóns da Once, artesanía ou calquera outro producto que lle permitise comer quente e dormir baixo tellado tódalas noites.

Se se adica a vender productos falsificados é porque hai unha grandísima industria montada para a súa fabricación, un complexo entramado comercializador, e unha distribución impecable. Na campaña contra das falsificacións chegouse a dicir que os atentados do 11 S de Nova Iorque puideron ser financiados coa venda de productos falsificados. Se eso non é unha intoxicación é un insulto á nosa intelixencia.

Os emigrantes adícanse ó que poden; as forzas de orde público bastante fan con manter o tipo diante dun fenómeno que funciona á luz do día en Lugo ou en Valença do Miño. As falsificacións non se producen en ningunha das nosas cidades, ou alomenos non as efectúan os emigrantes sureños que as comercializan.

A inoperancia non funciona a escala local. Ven de moito máis arriba.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania