Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crise

lunes, 23 de diciembre de 2013
Houbo outras crises, que superamos case sen notalo. E delas fomos saíndo, coa saída de traballadores ao exterior, incremento do esforzo interior e contención de gasto. Pero sempre se anunciaba a posibilidade dunha gran crise, do estoupido da innegable burbulla inmobiliaria... ata que se produciu, e anos despois seguimos inmersos na escuridade daquela bomba que nublou o noso panorama económico e social.

Xa temos crise importante, xa temos damnificados a milleiros, xa temos mortos, e parados e desafiuzados...e todos somos conscientes de que esta é a nai de todas as crises, a crise perfecta, na que todos a unha pretendemos atopar unha saída ao problema, e da que agardamos – como auga de maio- que alguén con seriedade,, firmeza, e coñecemento, nos apunte solucións.

Pode o goberno dicir por boca do seu presidente que a crise vai quedar atrás, que as cousas están un pouco mellor, que España vai volver ser o que todos queremos que sexa nun prazo non moi longo. Pero o que nós queremos saber é cando... porque claro que imos volver, pero falta saber se o veremos nós ou terán que ser os máis novos e as xeneracións futuras as que experimenten a sensación de alivio e melloría que todos agardamos.

Nestes momentos o comercio experimenta un momento de relativa euforia polas festas, polo remate do ano, por peche de exercicio... pero todos somos conscientes de que é algo temporal, de que despois destas festas virá un duro xaneiro, de que falta moito para remontar unha costa que vimos subindo con farta dificultade hai xa seis anos. Por unha vez, gostaríanos ser tan optimistas coma o goberno, e pensar que esto está mellorando. Merecémolo, polo que estamos pasando, polos recortes, polo sufrimento social, e porque estamos contribuíndo a pasar este mal trago con toda a nosa ilusión, e con todas as nosas forzas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania