Partir/Compartir o pan é sinal de amor
Mato, Xesús - lunes, 24 de octubre de 2005
O Domund é un reto para os que vivimos no mundo rico, desenvolvido e consumista de Occidente. Sobre todo para os cristiáns (católicos e protestantes) que confesamos seguir e cumprir o Mandato de Xesús: Amádevos uns ós outros como Eu vos amei.
A Igrexa católica, ao longo da súa historia (con luces e tamén sombras), soubo estar, (sen falsas humildades, ¡máis ca ninguén!) cos máis pobres e marxinados da Terra. E segue a estalo
a pesares dos atrancos, egoísmos e passotismos actuais.
Unha mostra está á vista no noso País (¡a España das autonomías!) que, por riba das súas esperpénticas liortas políticas e eclesiais, segue a estar á cabeza na aportación de misioneiros/as a África e a Iberoamérica. Son 20.000 os relixiosos/sas, cregos e laicos (ademais das ONGs) os/as que gastan/comparten vida cos pobres. Grazas a esa entrega España está no 2º lugar á hora de se sacudir os bolsillos (18 millóns de euros no 2004).
Os misioneiros/as (e outras persoas) entenderon ben o Mandato de Xesús ante os pobres e famentos: Dádelles vós de comer (Mt. 14, 16). Eles e elas sí que saben facer da súa vida pan partido/compartido para a vida do mundo (Domund 2005). Todas as persoas, por sermos humanas, temos a obriga de traballar por un mundo máis solidario e fraternal. Os cristiáns/ás, por coherencia e compromiso coa misión recibida de Xesús, que nos dixo, con claridade, que só é posible amar a Deus amando aos irmáns.
Sen sermos pesimistas, (non queremos estar cegos/xordos/mudos) hai que recoñecer que a sociedade está enferma, falta de amor/vida. A traxedia dos inmigrantes subsaharianos (escalofriante berro dun deles no deserto -españois, racistas; marroquinos, asasinos-) e/ou nas pateiras; as mil persoas que morren de fame/malaria e/ou sida, á semana, no norte de Uganda; os 45.000 centro/africanos, refuxiados no sur do Chad; os tres millóns do Níger, xa con hambruna bíblica
Tamén nos países ricos: Ser negro en USA (63% en Nueva Orleáns e 90% nos barrios máis pobres) e o 13% no resto do País (285 millóns habitantes) leva consigo moita fame, miseria, pobreza, marxinación
¡morte!
Os poderosos seguen a apostar pola morte (Iraque), non pola vida. A actitude de Europa con África segue a ser de cinismo e hipocrisía despois de térmoslle roubado as riquezas, o petróleo, os diamantes, mesmo a dignidade!. ¿Resiñármonos!? ¿Esperar a que medre a fame e a inxustiza?..¿a morte!?. Non hai tempo para verborreas. ¡Fan falla as obras!
A evanxelización pasa pola liberación integral da persoa: liberación da opresión, do medo, do mal, da fame, da enfermidade, da pobreza, da inxustiza. Todos os seres humanos teñen dereito ao pan, á saúde, á vivenda, á educación, ao desenrolo
Esta é a tarefa: A de todos os humanos. Mandato de Xesús para os cristiáns. ¡Toca revisión!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora