Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Nadal, tempo de reflexión e solidariedade

lunes, 23 de diciembre de 2013
O Nadal, tempo de reflexin e solidariedade O Nadal, a celebración do nacemento de Xesús de Nazaret, é un tempo moi especial do ano, tanto para crentes como para non crentes. Xúntanse as familias para compartir comidas, agasallos, bos desexos, etc. As rúas están iluminadas, as casas e tendas engalanadas, os centros comerciais cheos de xente cargada con bolsas e cousas que, na maioría das veces, non se necesitan. Moitos nenos e nenas reciben tantos regalos que o único momento que disfrutan é ao abrir o paquete. Algúns, finalmente, acaban xogando coa caixa.

Algunhas mesas, cheas de manxares, nas que se come ata rebentar, estropeando a saúde e a conciencia. Pero, o Nadal debería ser algo máis. Debería ser un momento de reflexión sobre o mundo que nos rodea; un mundo no que unha minoría posee a riqueza e os bens da Terra, mentres que outra gran maioría vive baixo o umbral da pobreza, sen as primeiras necesidades cubertas, sen poder desenvolverse como persoas e levar unha vida digna.

O Nadal debería ser o nacemento dunha persoa nova en cada un de nós. Unha persoa que vivise en función dos demais. Unha persoa solidaria, que fixese súas as necesidades dos que a rodean. Unha persoa implicada na solución dos problemas que están sufrindo tantos homes e mulleres da nosa sociedade: a falta de traballo, a falta dunha vivenda digna, os recortes na sanidade, na educación, nos servizos socias. Tanta e tanta xente que non ten ningún ingreso, e que está vivindo gracias á solidariedade da familia ou de Cáritas, etc., etc.

De verdade, algúns, do primeiro mundo, non podemos continuar por este camiño, consumindo cousas que non necesitamos, e, ademais, que non nos pertencen, porque, para que nós as disfrutemos, outros carecen do máis elemental. Nós poderemos, pero o Planeta non pode.

O noso nivel de consumismo nin é xusto nin é sostible. Polo tanto, cambiémolo. Non se necesitan tantas cousas para ser felices. Hai xente que vive de xeito moi sinxelo e disfrutan da vida máis ca nós.

BO NADAL A TODAS E TODOS!!

(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES