Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas de Nadal

jueves, 26 de diciembre de 2013
O ciclo de Nadal conta na nosa terra cunha abondosa literatura popular: cantos de nadal, vilancicos, cantos de aninovo e de reis, romances, cantigas... Hai tamén varias lendas na nosa terra que falan do paso da Sagrada Familia cando fuxía da persecución do rei Herodes. Algunhas delas están relacionadas con vilas asolagadas e convertidas en lagoas nas que, en determinados días, se senten tocar as campás; pero hai outras máis sinxelas coma estas que se recollen a continuación.

1) Collantres é unha parroquia do concello de Coirós, na provincia de A Coruña. Pois o nome de Collantres vén de cando pasou por alí a Sagrada Familia e a Virxen María pediulle a unha muller unha laranxa para o Neno, que tiña moita sede. A mulleriña díxolle:
- Collan tres.

2) As ovellas non berran cando as matan porque cando os soldados de Herodes perseguían ó Neno Xesús, preguntáronlle a un pastor se sabía onde nacera Xesús e entón unha ovella berrou: ¡Beléeeen, beléeen!. Por iso, como castigo, non berran cando as matan.

3) Contan que cando a Sagrada Familia fuxía para Exipto, os perseguidores viron nunha póla dunha árbore a un chaschás e a un pimpín ós que lles preguntaron se vira pasar por alí a unha muller cun neno pequeno e a un home. O chaschás contestou:
- Chas, chas por aí ben vas.
En troques o pimpín respondeu.
- Pin, pin, eu por aquí non os vin.
De aí vén que a xente mire con simpatía ó pimpín e con certo recelo ó chaschás (chasco)

4) O río Miño, cando pasa pola cidade de Lugo, baixa manseliñamente, sen facer ningún ruído, a pesar das présas e dos caneiros. ¿Sabedes por que? Porque cando pasou por Lugo a Sagrada Familia a Virxe díxolle ó río:
- Cala, río Miño, cala, non me espertes o meu Neniño.

Unha variante desta lenda sitúase en Palas de Rei onde a Virxe lle dixo ó río Roxán:
- Cala, río, cala, non despertes o meu pequeniño que está durmindo moi acurrucadiño.

Outra variante aparece en Piegaponte (A Pontenova) por onde pasa o río Eo. Cando pasou por alí a Virxe co Neno durmindo, oíndo que o río facía moito ruído, a Virxe díxolle (por certo, coa variante dialectal do bloque oriental):
- Non soes, riín, riín, non me despertes o meu nenín.

5) A Virxe estaba lavando os pañais do Neno e, nun descuido, escapoulle un polo río abaixo. Prendeuno unha silva e tróuxollo á beira e, desde aquela, a Virxe bendiciu todas as silvas.
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES