Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felicitación de Nadal

lunes, 23 de diciembre de 2013
Se o encanto do Nadal xa pasou para ti...
Se aqueles con quen celebrabas estes días xa non están...
Se te sentes tan mal que non tes motivos
para celebrar nada con ninguén...
Se pensas que tanta festa non compensa
o desencanto do día seguinte...
Se o recordo do nacemento de Xesús apenas che di nada...

Eu dígoche simplemente: párate un momento.
Se che posible distánciate do ruído e do bulicio destes días,
e, no silencio da túa soidade, imaxínate
- se a nosa imaxinación pode chegar a tanto -
a todo un Deus, Orixe e Fundamento de todo o que existe,
sumo Ben, Verdade e Beleza,
a quen non somos capaces de comprender
porque o seu Misterio nos excede...

Que todo un Deus, Un en tres Persoas,
se faga tan pequeno e fráxil
como un neno nacido na intemperie,
carne da nosa carne,
é dicir, da nosa condición humana, tan limitada...;
se faga home no corpo virxinal
dunha rapaciña de Nazaret,
para asumir o máis débil e caduco
do noso ser home ou muller,
e así redimilo e salvalo,
porque só se redime o que se asume.

E todo por amor, porque ese Deus “é amor”.
Non hai outro deus que non sexa o Deus
do amor, a tenrura e a misericordia
manifestado no seu Fillo, Xesús.

Se crees isto ou se polo menos che gustaría crelo,
entón o Nadal non perdeu o seu encanto
aínda que te sintas moi só.
Será para ti unha fonte secreta e íntima de gozo e alegría.

Alguén te ama e te acompaña incondicionalmente
todos os días do ano,
porque compartiu a túa vida.

Se o acolles no teu corazón, el abrirache as portas do seu.
El, que veu a compartir a súa Vida
para que teñamos vida abundante,
fará que participes tamén dela e sexa plenamente túa.


(Antonio rodríguez Basanta é Vicario Xeral da Diocese de Mondoñedo-Ferrol).
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES