Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir de gasolineiras

viernes, 20 de diciembre de 2013
Os que xa imos “maiores”, somos do tempo dos monopolios, nos que os mixtos só os proporcionaba Fosforera española e se vendían nos estancos; os teléfonos eran cousa da Telefónica; os ferrocarrís dependían da Renfe, as viaxes en avión eran en Iberia, e a gasolina era unha exclusiva de Campsa, que a vendía a través das estacións de servizo nas que todo era uniforme, especialmente un precio único para todas.

Agora, polo que se ve, xa se pode e se debe “andar de gasolineiras”, non parar na primeira estación de servizo que se atope, senón que convén analisar os precios que se aplican nelas.

No sector dos combustibles existe unha teórica liberdade de precios, que ás veces as poderosas compañías se dedican a vulnerar con pactos que igualan os precios a percibir eliminando a posibilidade de que o consumidor escolla o expendedor do que reciba mellor trato.

Falouse do “efecto luns”, no que as gasolineiras ofrecían precios máis baixos que o resto da semana, pero eso parece ter sido xa eliminado, e agora queda a pura comprobación de cal é o precio que mellor se axeita, porque aínda que só sexa unha diferencia duns céntimos por litro de combustible poden representar arredor de tres euros ao encher o depósito dun coche de gama media.

Á parte desa diferencia, algunhas gasolineiras están introducindo o servizo automático, dándose o caso de que algunha delas rebaixa ata cinco céntimos en litro ao conductor que se autoabasteza utilizando ademáis pagos con tarxeta. Sabido é que esta é unha medida provisional en tanto o mercado non xeneralice este autoabastecemento, pero é un aforro máis a ter en conta.

Ata agora, a costume dos automovilistas era parar na primeira gasolineira que atopaban despois de recibir o aviso de entrada na reserva. Desde agora – a crise fainos ser máis previsores e analizadores- haberá que facer comprobacións previas antes de elixir onde abastecernos de combustible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania