
Era o día 12 do mes 12 do ano 2013 cando o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), acompañado polo seu Coordinador, LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO, se dirixía o centro do Reino de España para visitar Madrid e Toledo.
En canto nos adentramos na real vila de Madrid, xa divisamos á nosa esquereda o edificio que alberga a UNED, onde cada un de nós ten alí a súa ficha académica.
Conforme ía avanzando o noso autobús aparecían diante dos nosos ollos lugares tan significativos como A Moncloa e o Exército do Aire, para adentrarnos xa no centro disfrutando de todo canto vían os nosos ollos polas diferentes rúas: Princesa, Gran Via, Preciados, Alcalá, Paseo del Prado, Avenida Cidade de Barcelona, pasando a introducirnos na M-30 que vai dirección a Andalucía e Toledo; pero nós quedámonos en Pinto onde nos agardaban para hospedarnos comodamente.
O que máis nos chamou a atención ó cruzar Madrid, foi a arquitectura de edificios tan emblemáticos como o Banco de España, o Cuartel Xeral do Exército, a Porta de Alcalá que divisamos ó lonxe, o museo Tysen, o Ministerio de Sanidade, o Ministe rio de Agricultura, as fontes de Cibeles e Neptuno, a Estación de Atocha que nos trouxo á mente tristes recordos e a continuación o Parque de Enrique Tierno Galván, aquel alcalde madrileño tan querido pola súa sencillez e entrega ós madrileños.
Cadrounos de cruzar Madrid nunha hora punta na que os escolares de tódals idades saían dos seus respectivos colexios e dábanlle vida e alegría xuvenil á cidade.
Chegamos a Pinto ás seis da tarde cunha temperatura bastante agradable de 12º e un cálido recibimento no hotel que tiñamos reservado.
Ó día seginte tocaba visitar Madrid.
O autubús deixounos no parking da Praza de Oriente e ó saír á superfície o primeiro que vimos foi o legado dos Austrias: A PRAZA DE ORIENTE e os edificios emblemáticos do entorno.
Esta praza estaba sumamente animada, posiblemente máis que noutro día claquera porque o Teatro Real ofrecía unha programación especial para os nenos de Madrid. Era todo un auténtico formigueiro de nenos de tódalas idades. Respirábse alegría e vitalidade.
-O PALACIO REAL OU PALACIO DE ORIENTE que é a residencia da Súa Maxestade o Rei para cerimonias de estado.
A súa construcción remóntase ó século IX cando o reino musulmán de Toledo quixo construír unha edificación defensiva que despois usaron os reis de Castela.
Sufriu un incendio no ano 1734 e foi no reinado do rei FELIPE V cando se construiu en pedra e ladrillo, desde 1738 ata 1755, para establecerse alí o rei CARLOS III no ano 1764.

Todo el é un conxunto histórico-artístico de primeira magnitude pero entre a súas dependencias destaca O SALÓN DO TRONO.
Detrás do Palacio está o XARDÍN CAMPO DEL MORO que data do reinado de FELIPE II e nel atópase a REAL ARMERÍA onde se podem encontrar desde armas mediaevais ata as de Carlos V e Felipe II.
-A CATEDRAL DE SANTA MARÍA LA REAL DE LA ALMUDENA (Patrona de Madrid) construída entre os século XIX-XX en tres estilos arquitectónicos:
-Neoclásico polo exterior.
-Neogótico por dentro
-E neorrománico na cripta.
Foi consagrada por XOÁN PAULO II o día 15 de xuño de 1993. Ten a orientación norte-sur polo feito de formar parte da estructura arquitectónica do PALACIO REAL.
-O TEATRO REAL que é o teatro de ópera de Madrid, considerado o máis importante non só de España senón tamén de Europa. Esta situado fronte ó PALACIO REAL na praza de Oriente.
Inaugurouse en 1850.
Está considerado como BEN DE INTERESE CULTURAL do PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL coa categoría de MONUMENTO HISTÓRICO, publicado no BOE con data 3 de setembro de 1993.
-A PORTA DO SOL foi onde fixemos unha pausa para contemplar o Km CERO das estradas radiais de España.
Pero o seu edificio máis destacado é a CASA DE CORREOS que logo foi sé da DIRECCIÓN XERAL DE SEGURIDADE e na actualideade é a sé do GOBERNO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MADRID, que está vixiado pola estatua ecuestre de CARLOS III, o REI ALCALDE.
Neste edificio atópase o famosos RELOXIO DAS CAMPAÑADAS DE FIN DE ANO que foi construído e doado por JOSÉ RODRÍGUEZ DE LOSADA no século XIX.
Concluimos a visita pola rúa Arenal para dirixírmonos ó autobús que nos recollería para levarnos ó hotel.
Pola tarde tocaba visitar TOLEDO.
Entramos pola PORTA NOVA DE BISAGRA construída en tempos do EMPERADOR CARLOS V quen decidiu a remodelación do ALCÁZAR e máis quixo que a cidade tivera unha fermosa porta de acceso á mesma.
Pero Toledo ten outras portas:
-PORTA DO SOL construído na época do ARZOBISPO TENORIO (1335-1399), considerada como a máis formosa do Mudéxar español: un bo exemplo de harmonía e fortaleza.
-PORTA DO CAMBRON ou PORTA DOS XUDÍOS que a partir do século XII daba acceso ó populoso arrabalde de XUDERÍA TOLEDANA. Ten unha bela imaxe de SANTA LEOCADIA, mártir e patrona da cidade.
Entre os seus monumentos destacan:
-SAN JUAN DE LOS REYES que mandaron construír os REIS CATÓLICOS, como templo votivo e panteón real.
É de estilo gótico inspirado no mudéxar local.
-CASA MUSEO DO GRECO: aínda que se sabe que o Greco vivíu no Palacio do Marqués de Villena situado no que hoxe é o PASEO DO TRÁNSITO e casas colindantes.
O que hoxe coñecemos como CASA DEL GRECO eran os pazos do Tesoureiro do rei D. Pedro que pasaron despois a mans da duquesa Dona Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona
-A CATEDRAL: de estilo gótico.
Ten unha planta das máis amplas da Cristiandade: 120 m de largo por 60 m de ancho e 33 m de altura na nave maior.
No oco da base da Torre mocha existe unha capela mozárabe que foi a sala Capitular ata que o cardenal Cisneros, mandou construír a actual e en 1504 destinouna ó culto conforme ó venerable rito hispano.
Na corpo central do altar está o óculo que comunica a luz ó Sagrario, rodeándoo os catro arcanxos cos seus respectivos atributos: Rafael, Gabriel, Miguel e Uriel.
Na sacristía e salas anexas conta conha riqueza pictórica de incalculable valor: o tesouro catedralicio.
O retábulo maior é unha auténtica preciosidade formada por 15 grandes grupos escultóricos feitos en madeira de alerce ou lárice dos piñeirais de Ávila.
Non podemos esquecer outro datos de interese como son:
-O ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ, notario maior de Castela, nobre de estirpe toledana que faleceu em 1323 despois de levar unha vida piadosa e facer xenerosas doazóns a institucións relixiosas.
Conta a lenda que os asistentes ó enterro contemplaron como baixaban do ceo Santo Agustín e Santo Esteban que colleron o cadáver e colocárono na tumba mentres se oían unhas palabras que dicían:
TAL GALARDÓN RECIBE, QUIEN A DIOS Y A SUS SANTOS SIRVE
Esta obra cumbre da pintura é PATRIMONIO DA HUMANIDADE.
-A PONTE DE ALCÁNTARA de orixe romana, conservada polos visigodos, escenario de distintas loitas para reducir os rebeldes toledanos, reconstruída por ABD-RAHMAN III ata que o efecto das contunuas choivas durante catro meses seguidos no ano 1257, aconsellou que ALFONSO X O SABIO, mandara reparala e refrozala.
No 1961 rescatouse porta do centro; as outras foron demolidas para face-la estrada en 1864.
- A PONTE DE SAN MARTÍN que data de antigo, quedando en ruinas no ano 1203 ata que o arcebispo Tenorio levou a cabo a súa consolidación no ano 1368, pero cando estaban cerrando o arco central, decatáronse que non tiña solidez e houbo que volver a facela a instancias de muller do arquitecto; unha decidida muller modelo de esposas que salvou a honra e o prestixio do seu marido.
-Outros museos: o de SANTA CRUZ, o de TAVERA.
-E O ALCÁZAR cos seus museos, que foi utilizado polos romanos como PRETORIO, reedificado polo rei ALFONSO VI cando conquisotu a cidade; pero foi o rei toledano ALFONSO X O SABIO quen no século XIII levantou a fachada do este cos seus torreóns que aínda subsisten.
Nunha das súas estancias subetrráneas estivo Dona BLANCA, infortunada esposa de PEDRO I O CRUEL
En realidade foi CARLOS V quen o convertiu en PALACIO REAL; pero cando se trasladou a Corte a Madrid, serviu de aloxamento a personaxes rexios.
En 1810, os franceses incéndiarono ó remata-la Guerra da Independencia.
En 1846 establécese alí a ACADEMIA DE INFANTERÍA e no ano 1936, coa Guerra Civil Española, quedou mutilado.
Hoxe en día conserva:
-Os tristes recordos do Asedio
-Unha colección de Arma branca coa evolución desde o coitelo de sílex ata as famosas espadas de aceiro toledano.
-Outra colección de armas de fogo desde os inicios da pólvra ata as modernas armas automáticas.
-Unha mostra de trofeos, recordos e uniformes da nosa presenza en África.
Obxectos históricos e unha extensa colección de medallas.
Na viaxe de retorno poidemos contemplar de novo:
-A Estación de Atocha, os Museo do Prado, as fontes de Cibeles e Neptuno, o animado que estaba ao Paseo de La Castellana, a Biblioteca Nacional, a Praza de Colón, escenario de recentes acontecementos de relevancia, o Museo de Cera, a Embaixada do Parlamento Europeo ben vixiada cos cámaras de seguridade, o Museo das Ciencias que ten unha cúpula que me lembrou a nosa Casa das Ciencas na Coruña, o paseo de La Habana, e o estadio Bernabeu que lle subiu o tono a alguns.
Rematámo-la visita cun paseo polo PARQUE DO RETIRO de tempos de FELIPE IV que nun principìo estaba cheo de palacetes para recreo da realeza; pero a guerra de Independencia e máis tarde a Guerra Civil, acabaron cos palacios e pasou a uso do pobo.
Nel pódese disfrutar dos seus amplos paseos onde os madrileños e visitantes, poden tomar un respiro, do ESTANQUE, da estatua do ANXO CAÍDO, DA CASA DE VACAS hoxe coñecida como PALACIO VELÁZQUEZ, do PALACIO DE CRISTAL e da súa rosaleda.
Este é un breve repaso de que puidemos observar nunha viaxe curta no tempo pero ben aproveitada.
Ademais dos coñecementos adqueridos, é de destacar o compañeirismo, a harmonía e a correcta conducta do alumnado da Uned Sénior de Xestoso que sabe estar onde queira que sexa.
Así dá gusto.
¡Grazas á Uned Sénior da Galicia Rural na Coruña.