Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilación

jueves, 19 de diciembre de 2013
Xubilacin “El tiempo pasa y nos vamos poniendo viejos...”. Así reza unha canción de Pablo Milanés. O caso é que un vaise facendo vello sen a penas decatarse de que efectivamente o tempo vai pasando- non sei se é o tempo o que pasa ou somos nós os que transcorremos pola senda que nos marca a vida, trazada a través dese territorio virtual que chamamos tempo- e sen esperalo, un bo día recibes unha fría e impersoal notificación do teu centro de traballo na que aparece a requisitoria para que abandones as ocupacións que tiveches perante un longo período de 35 anos. E así, sen máis, tomas contacto coa realidade: que xa rematou o partido e non hai outra que asumir que a partires de aí borrón e conta nova, a observar como xogan outros e a dedicarte a outras cousas.

Así que un non sabe se estar xubiloso porque xa vas considerando que pasarás a ser o dono do teu tempo sen condicionantes laborais, ou resignado porque será tal vez o tempo o que vai marcar a pauta de aquí en adiante recordándote que xa non estás para moitos proxectos a longo prazo a pesares de que agora a xente vive, en xeral, en mellores condicións que os nosos devanceiros e as expectativas de estar no tempo son máis longas malia o que nos están recortando. É verdade que o condicionante da idade é moi relativo, pois depende do tipo de traballo que un exerza : aos 65 anos quizais non sexa moi doado andar subido a unha estada ou exercendo actividades que requiran un esforzo físico notable, pero o mesmo non sería moi desatinado seguir noutras funcións cuxo exercicio non requira grande sacrificio corporal sempre que a mente sega a responder, claro.

O lóxico sería que os que xa cumpriron unha dilatada vida laboral, deixen paso ás novas xeracións, pero agora non che é así a cousa: os maiores vanse, ímonos, pero as prazas que deixamos amortízanse ou convértense en contratos de varredura, abafantes, que son un oprobio para eses mozos e mozas que están en idade de poder acceder ao mundo laboral cun contrato axeitado que lles permita vivir con dignidade. Nos tempos que corren hai moita xente que vive en precario porque non ten traballo. É indignante e vergoñento que aconteza isto, pero tan indignante é que outra gran parte estea ao bordo da miseria traballando oito horas ao día, escravizados para que outros medren namentres vemos como os dereitos sociais que tanto custou acadar vanse diluíndo coa conivencia de aqueles que tiñan que mantelos vixentes.

A Sanidade pública está ferida de morte o mesmo ca Educación. Cando isto se esboroa, o país esmorece e o país non é un anaco de terra, o país somos a xente que vive nesta parcela chamada España, e España será o que os gobernantes e os gobernados, incluídos os xubilados-que tamén votan-, queiramos que sexa.

Eu agora xa son consciente de que escalei a miña particular montaña e atópome no descenso. Din os alpinistas que o descenso é as veces tan complicado como o acadar o cumio, e nesas estamos. Fun soltando lastre para andar lixeiro de equipaxe e chegar canto máis abaixo nas mellores condicións posibles, sabendo que o camiño empregado en salvar o pequeno monte da miña vida é de dificultade media coma din os montañeiros. Teño a sorte de facer o que me gustou e de seguir facéndoo, así que non me podo queixar. Pero hai que seguir loitando polo que é xusto malia que “ el tiempo pasa y nos vamos poniendo viejos...” Si.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES