Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿En que sociedade vivimos?

jueves, 19 de diciembre de 2013
Desde o Preguntoiro

A cidadanía deste país seica ten un bandullo cunha enchente que preto imos ter que poñer outro estómago para poder tragar e seguir almacenando toda a bosta que nos fan inxerir estes gobernantes.

Coido que ata as abondosas lupandas cheas de lixo teñen un límite de espazo, porén, no caso español agardamos a que estoure o estómago, esófago e a tripa cagueira. Estamos a dar a cidadanía ante o mundo un espectáculo furricallo e de mágoa.

Cada día que pasa, tódolos poderes deste país están a guindar cantidades inxentes de porcalladas que dan noxo, cousa que a maioría inxire sen sequera mastigalo. Estamos a ver cousas que xamais creriamos, pois cada un dos escándalos graves que está ao orde do día, como algúns políticos e banqueiros bardallas e corruptos tiñan que estar na cadea. Toda esta podremia que estamos padecendo, estou por seguro que non se recorda aínda nos tempos máis negros da nosa historia. O sistema está caduco, atópase doente e intentan poñelo san con aspirinas, cando o diagnóstico ten outras alternativas onde o Goberno dinos que non as hai, seguindo o seu plan ideolóxico crematístico e cobizoso, importándolles un carallo o que lle pase ao pobo.

Tómannos por paspáns, sen ningunha dúbida por mansos e febles, porque neste país dunha cultura de tradición ditatorial a quen proteste leña, aplicando a política do medo sacando decretos leis que asinaría Franco moi ledo, como a lei da patada na boca de "Marca España".

Velaí o que está pasando cos poderes do estado: o deterioro no poder xudicial é enturbado por mor de casos de corrupción; o último que estamos a ollar estes días é de vergoña, o caso Blesa, ata os xornais do noso entorno europeo non dan crédito ao que está pasando neste país.

O Sr Blesa presidente de Caja Madrid, (entre outras graves falcatruadas que fixo) mentres estaba en Romanía cazando osos, o seu banco vendía e estafaba coas preferentes a anciáns e persoas humildes. Agora desfruta dos millóns que levou da caixa. Como dicía o xuíz Silva: “En cualquiera país del mundo Blesa estaría en prisión”.

Imos indo que a festa vai boa, a desfrutar do votado.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES