Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O galego na Caixa

jueves, 20 de octubre de 2005
As Caixas loitan entre sí no eido cultural a través de accións ou Fundacións, Aulas de Cultura ou institucións similares, coas que xustifican o seu papel social complementario da acción financieira, que en conxunto proporcionan a visión que pretenden ofrecer de entidades preocupadas pola cultura.

Todo nestas grandes casas está centralizado, e un caixeiro de Lugo e igual ca outro en Fisterra, e as cores da oficina de Xinzo de Limia coinciden á perfección coas da de Redondela. Tal cual, os procedementos, formularios, funcionamento.

Por eso é lamentable o contido do ticket que os usuarios de Caixa Galicia retiran da maquiniña electrónica para agardar a súa vez para seren atendidos, na que figura a lenda "Mientras agarda actualice sua libreta nos dispositivos automaticos".

O problema xa non é que falten unha coma e dúas "til", para as que non cabe a disculpa de que o programa non o permite, xa que as sete "i" da frase ostentan o puntiño correspondente.

O problema é que a construcción da frase precisa o artigo "a" inmediatamente antes do pronome "sua". O problema é que se a información pretende estar en galego, o de "mientras" hai que traducilo.

En tempos, este pequeno ticket con tantos erros, sería analisado e xulgado en La Codorniz, e condenado a "La cárcel de papel", onde excepcionalmente se lle facilitaría un diccionario de galego para que se ilustrase o responsable.

Nesta ocasión, cabe agardar que a que aspira a ser a primeira Caixa de Galicia, visto o resultado, contrate un licenciado en galego para os seus servicios centrais, que se encargue da normalización lingüística da institución. E lle evite a Caixa Galicia meteduras de pata coma esta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania