Quero felicitar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de diciembre de 2013
En todo o mundo cristián celebramos nestes días as Festas do Nadal en torno a un aconteceento que entre outras moitas cousas-, motivou o cambio de era. Por eso dicimos que tal acontecemento tivo lugar tal ano ou tal século antes de Cristo ou tal ano ou tal século despois de Cristo.
O nacemento da era cristiá non pasa desapercibido para nunguén.
Este acontecemento que tivo lugar nunha humilde manxadoira, creou unha escola e un xeito de vida.
Desde non sei cando véñense celebrando as festas do Nadal en todo o mundo cristián.
Os crentes celébrano en torno ó Pesebre. Poñen ou fan nacementos, cantan panxoliñas na casa ou na igrexa e comen turróns, mazapáns e outros manxares típicos.
Os non crentes celébrano principalemente a nivel gastronómico.
Os estudiantes teñen vacación escolares, desde o máis pequechos ata os universitarios.
Moitos aproveitan estas datas para encontros familiares, outros fan viaxes, outros van á montaña, outros....
Tamén hai quen desafortunadamente non pode facer nin unha cousa nin outra por razóns económicas, familiares, laborais, etc.
En calquera caso é unha data importante tanto para crentes como para non crentes.
Por eso quero felicitalos a todos:
-Quero felicitalos a todos, absolutamente a todos por igual debido a que todos estamos chamados a ser felices.
-Quero felicitar a todas aquelas persoas que celebran estas festas facendo unha vaxe de pracer. A fin de contas é un xeito de celebrar a alegría de vivir. Deus mandou seu Fillo ó mundo para que celebráramos a alegria de vivir. Unha boa maneita é comtemplando e disfrutando das maravillas da Creación cando se trata dunha persoa crente e cando non disfruta igualmente da paixase rural e urbana, dos museos e das festas en xeral.
-Quero felicitar a todas aquelas persoas que fan esforzos de todo tipo para reunírense coa familia ou cos amigos íntimos para comer xuntos un bocado compartindo mesa, mantel e boa compañía.
Deus mandou o seu Fillo ó mundo para manternos a todos unidos para que ninguén se sentira só.
-Quero felicitar a aqueloutras persoas que o fan organizando un belén eléctrico ou VIVENTE PARA CONVIVIR E TRANSMITIR A MENSAXE DA CHEGADA DO SALVADOR Ó MUNDO PARA QUE TÓDALAS PERSOAS DE BOA VONTADE A ACOLLAN NOS SEUS CORAZÓNS E SE SINTAN AMADOS E AMANTES DO SEU SALVADOR.
PERMÍTAME QUE TEÑA UN RECORDO BEN ESPECIAL PARA TÓDOLOS BELENISTAS DA MIÑA PARROQUIA, NENOS, ADOLESCENTES, XOVES, ADULTOS E ANCIÁNS QUE SOUBERON RECUPERAR O SEU BELÉN VIVENTE ÚNICO E IRREPETIBLE CADA ANO; DESPOIS DE 30 ANOS DE LONGA NOITE DE PEDRA.
O DESTE ANO FOI ADICADO Á ANUNCIACIÓN.
OS ACTORES E ACTRICES ESMERÁRONSE MOITÍSIMO E SUPERÁRONSE CON RELACIÓN Ó ANO ANTERIOR.
FOI UNHA ANTÉNTICA GOZADA PARA ELES MESMOS E TAMÉN PARA O PÚBLICO QUE OS VEU A VER.
SEGURO QUE NO CEO TAMÉN FIXERON FESTA POR UN ACONTECEMENTO TAN CHEO DE MAXIA E MISTERIO DO QUE QUIXO VALERSE O NOSO DEUS PARA ACAMPAR ENTRE NÓS.
A MIÑA MÁIS CORDIAL FELICITACIÓN E O MÁXIMO AGRADECEMENTO A UNHA XERACIÓN QUE SABE CONSERVAR NO SEU CORAZÓN AS COUSAS IMPORTANTES DA VIDA.
SON UM AUTÉNTICO EXEMPLO PARA OUTROS MOITOS.
Con persoas así dá gusto traballar porque Deus enviou o seu Fillo ó mundo para que habitara nas persoas de boa vontade que libremente queiran darle entrada nas súas vidas.
¡¡¡PARABÉNS, BELENISTAS!!!!
¡¡¡SODES EXEMPLARES!!!
-Quero felicitar a tódalas persoas que dun xeito ou doutro fan máis levadeira esta época invernal; sobre todo, sobre todo aquelas que co seu bo facer dedican cariño, comprensión, escoita e apoio a outras que se senten soas e desamparadas.
Deus enviou o seu Fillo ó mundo para establecer entre nós o seu Reino: un reino de axuda, de cariño, de escoita, de comprensión, de paz, de amor....no que este tipo de persoas teñen un papel importante.
-Quero felicitar ós que caladiñamente fan labores humanitarias de solidariedade cos máis necesitados: pobres, enfermos e anciáns porque eles son a imaxe daquel Neno que non atopou lugar para El na pousada.
Precisamente Deus mandou ó seu Fillo ó mundo para que os seus discípulos acolleran ós pobres, os enfermos, os anciáns, ós desvalidos, porque a súa súplica chega ó corazon de Deus as vintecatro horas do día e os 365 días do ano.
-Quero felicitar ós que comparten do seu para aliviar a situación de tantas e tantas persoas que o pasan mal neste momento de crise laboral e sobre todo- tamén de crise de valores.
Deus enviou o seu Fillo en persoa ó mundo para que o mundo vira cos seus propios ollos como El aliviaba os que a El acudían para que os seus discípoulos fagamos outro tanto.
-Quero felicitar a quelas persoas que podendo darse certos caprichos- saben renunciar voluntariamente a eles para solidarizarse con outras persoas que non só non poden darse caprichos, senón que carecen do mínimo.
Renuncar a algo en favor de quen o necesta máis que un mesmo, é unha boa maneira de celebrar o Nadal.
-Quero felicitar a tódalas persoas que celebran o Nadal sen barnices materialistas nin consumistas porque eles teñen o corazón limpo e libre de prexuizos e saben disfrutar do que verdadeiramente merece a pena: do amor gratuito que Deus puxo nos seus corazóns.
Estas persoas que inclinan a súa balanza no prato dos bens espirituais son as que levan a mellor parte porque non se inmutan ante o que lles ofrece o mundanal ruído nestes tempos de materialismo e consuimismo convulsivos.
-Quero felicitar a tódalas persoas que cumpriron cos seus deberes ó longo do ano e nestes momentos fan unha pausa para facer balance anual e disfrutar do rendemento obtido por facer un uso apropiado dos seus talentos que deron abundantes e bos froitos: económicos, intelectuais, psicolóxicos, espirituais, afectivos...
Estas persoas son as que fan que o noso querido mundo vaia o ben que vai. Lástima que non houbera máis como elas...Son o fermento que un día levadará a masa. A súa presenza é fundamental para que o mundo se aguante en pé.
-Quero felicitar a tódalas familias que souberon conserva-los valores e transmitilos os seus pupilos nun mundo tan enormmente complexo que ofrece de todo, tanto se é bo como se non o é.
As famlias que queren, saben e poden discriminar positivamente, xa teñen moito camiño andado. Elas son as células básicas da sociedade. Nunca lles estaremos suficientemente agradecidos.
-Quero felicitar a aquelas persoas que irradian luz interior para ilumina-los pasos doutras que precisan orientación porque aínda non encontraron o camiño adecuado.
Estas xa teñen superados moitos estadios anteriores. Son a luz e o sal que tanto precisa o mundo nestes tempos. Son persoas que voan moi alto e ven o mundo desde unha perspectiva superior.
-Quero felitar ás persoas que se tomaron a molestia de ler este artigo porque estou convencida que son persoas que merecen tódalas felicitacións anteriores e moitas máis que eu non souben plasmar aquí.
Por eso É A VOSTEDE A QUEN FELICITO DE TODO CORAZÓN porque sei que co seu proceder fará estas Festas de Nadal, máis felices a cantas persoas estean ó seu carón.
Elas sentiranse moi afortunadas.
¡DISFRUTE DELAS E CON ELAS!
Estas festas merecen ser disfrutadas por todo o alto porque a súa orixe procede de ARRIBA.
-DESDE O MÁIS PROFUNDO DO MEU CORAZÓN ENVÍO UNHA CALUROSA FELICITACIÓN DE NADAL A TÓDALAS PERSOAS QUE LEN ALGÚN OU VARIOS DOS MEUS ARTIGOS, DÁNDOLLE A UNHA MULLER DO MEDIO RURAL GALEGO A OPORTUNIDADE DE EXPRESA-LAS SÚAS VIVENCIAS SOBRE O QUE LEVA VISTO HE OÍDO Ó LONGO DO TEMPO E DO ESPAZO.
-Non podo esquecerme, de ningunha maneira, de felicitar estas festas a GALICIA DIXITAL que puntualmente publica os meus artigos tódolos xoves ás nove da mañá.
¡FELICES FESTAS, AMIGOS!
O vindeiro artigo irá adicado ó PODER DA FAMILIA.
Se lle parece ben podemos atoparnos aquí o vindeiro xoves día 26.
Seguramente encontrará moitos reflexos da súa propia familia.
Saudiños nadalencos.

Cachaza Platas, Mercedes