Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O traballo ben feito ten a súa recompensa

martes, 17 de diciembre de 2013
A Deputación de Ourense a cabeza en niveis de transparencia. Sobe do posto 37º ao 3º dun total de 45 gobernos provinciais.

A institución ourensá, acada no ano 2013 o 100 % de puntuación en 5 das 6 áreas avaliadas: "Información sobre a Deputación", "Transparencia económico-financeira", "transparencia nas contratacións de servizos", "Transparencia en materias de servizos e apoio a municipios" e "Indicadores da nova lei de transparencia", mentres que acada 90,9 puntos en "Relacións cos cidadáns e a sociedade

A organización non gobernamental Transparency International España ven de facer público o seu informe anual respecto os índices de transparencia nos gobernos provinciais, no cal a Deputación de Ourense sitúase no 3º posto de España (cunha puntuación de transparencia de 98,8 puntos sobre 100), só superada por León e Valladolid, dun total de 45 deputacións, cabildos canarios, consells baleares e deputacións forais.

Desta maneira, a Deputación de Ourense –cualificada este ano como "sobresaínte" por Transparency International- pasa do posto 37º que ocupaba o ano pasado (con datos referidos a 2011) ao 3º lugar, o que supón un significativo salto en calidade e cantidade dos parámetros de transparencia da institución provincial ourensá.

O Índice de Transparencia das Deputacións (INDIP) 2013 é unha ferramenta para medir e divulgar o nivel de transparencia dos 45 gobernos provinciais. No ano 2012, a Deputación de Ourense acadara o posto 37 cunha puntuación global de 29,2 puntos, estando a media española en 48,6 puntos mentres que a galega situábase en 45,5 puntos.

Agora, no ranking global a Deputación de Ourense acada o 3º posto cunha puntuación de 98,8, sendo a media nacional de 69,6 puntos. As outras deputacións de Galicia ocupan os postos 8º (Lugo), 23º (Pontevedra) e 30º (A Coruña).

Para avaliar a transparencia, utilízanse oitenta indicadores, que van dende os cargos electos ate o persoal, pasando por a organización e o patrimonio, a estrutura, as normas e institucións provinciais. Tamén se ten en conta, a información económico-financeira, contratacións de servizos, relacións con provedores e contratistas, así como, servizos e apoio os municipios.

Transparency International España, persegue con estes indicadores de transparencia, realizar unha avaliación da transparencia nas institucións, e impulsar e propiciar un aumento da información que estes entes ofrecen aos cidadáns. Quere conseguir un maior achegamento das deputacións á sociedade e dar a coñecer as actividades que realizan, especialmente as que atinxen ás prestacións e servizos que desenvolven para os concellos.

Estes resultados, confirman a firme aposta da Deputación de Ourense pola transparencia como piar fundamental da acción de goberno.

No portal web da Deputación hai unha sección especifica denominada "Transparencia", na que calquera cidadán pode acadar a información relativa a Deputación referida os oitenta indicadores específicos, que se actualiza diariamente.

A isto hai que engadir a implementación de innovacións tecnolóxicas como a retrasmisión dos plenos en directo e a publicación de todos os acordos, convenios, presupostos, procedementos e servizos da institución provincial, incluída a axenda diaria do presidente da Deputación. Todo elo co obxectivo de achegar máis a Deputación á cidadanía.

Manuel Baltar, ten o perfil do político do século XXI. Coa firme aposta por a transparencia, por a súa cercanía os cidadáns, por o seu compromiso co medio ambiente, por a conservación e recuperación do patrimonio e por apoiar todas aquelas iniciativas que favorecen a dinamización do territorio provincial.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES