Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquecementos (III): A lancha Dominga

martes, 17 de diciembre de 2013
Vellos papeis falan dun Foz, primeiro porto pesqueiro e de cabotaxe da Mariña- No ano 42 do século pasado nutrían a flota 37 unidades (19 a gas-oil e 18 a gasolina), con uns 360 tripulantes e as capturas aquel ano, superaran o millón de pesetas. Tamén era líder en cabotaxe e a sua alfándega a de mais recadación.

Aquel ano, con apeas para minas, tabla e tablilla para envases, saíron 124 barcos con 18000 Tm. Existían tres asteleiros para barcos de baixura. No periodo 1915/19 construíron veleiros de 300 Tm,; existían seis fábricas de salazón, escabeche e conservas, das que foi a mais carismática a de Damián López, empresario modélico que contaba con médico de empresa, vivendas para empleados, equipo de fútbol da empresa, etc.

Un boletín da època, do Sindicato Nacional da Pesca, conta que na costeira do chicharro 1949/50 acadara a nosa provincia unha grande cifra de capturas. A “Dominga”, con base neste porto, é a que no norte bate o record. Dos 40 días que durou a costeira só pescou 19. O resto, por causa da depreciación da pesca e os temporais, non saíu ó mar. Capturou 1.038.080 kg.e para o transporte foi auxiliada por 50 mais (lanchas “do carrexo”) que levaron o peixe a portos de Asturias e A Coruña.

Tan productiva campaña, foi celebrada por pescadores e conserveiros con senllos bailes que quedaron, por moitos anos, na memoria popular: o dos primeiros, “do oio”, no salón de Ramón María de Cao, amenizado pola Orquestra Sycora Boys, de Grado, e os segundos, “da escama”, en La Sociedad, de Xesús Cageao (“Papaíto”) cos músicos mindonienses da orquestra Ritmo .

A lancha “Dominga” era propiedade da familia Quintanero, paatroneada por Eliseo, o mitico ”Nembrudo”, home de extraordinaria popularidade e prestixio en todo o litoral cántabro. A embarcación levaba o nome da matrona da numerosa estirpe mariñeira, de tanta sona no mundo do mar...

Os episodios que anteceden quedan para o esquecemento: endexamais en Foz se vivirá algo semellante,
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES