Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sensación de vivir

miércoles, 19 de octubre de 2005
Aínda que o título pareza sacado dunha serie de televisión -e unha houbo que respondía a esta denominación- aplicado a Galicia, neste momento en que a folga é algo ominoso e impreciso, ten connotacións de lonxanía e abandono.

Sensación de vivir lonxe, xa que durante unha semana soportamos no norte deste noroeste unha folga de transportes que vai deixando baleiras as estanterías dos supermercados, que impide que o leite se recolla axeitadamente, que produce perdas cuantificadas en varios centos de millóns de euros.

Galicia soportou estoicamente a folga, entre outras cousas por esa sensación de lonxanía, por saber que en moi gran medida o tema depende de Madrid que segue a estar a centos de kilómetros de distancia a pesares de autovías e velocidades.

Sensación de vivir abandoados, porque en tanto o tema afectou somente a Galicia o problema foi noso, local, pero en canto se extendeu a tódalas Españas, a pesada maquinaria do Estado púxose en marcha buscando solución, e en dous días acabouse o conflicto.

En Galicia, no momento en que escribimos estas reflexións editoriais, aínda non está clara a solución do problema, pero o resto de España xa pode respirar tranquila porque volve á normalidade.

Sensación de vivir lonxe. Ese é o resultado de vivir neste fisterra, onde todo empeza e todo acaba, onde os nosos devanceiros recibían tódolos influxos e tódalas xentes do mundo antigo, onde se podía ve-lo fenómeno da diaria morte do sol apagado nas augas do Atlántico.

Sensación de vivir en abandono dos poderes centrais, antes e sempre. Antes, porque ó coincidir as cores políticas de Madrid e Santiago non nos tiñan en conta por non ser problemáticos. Despois, ó cambiar a cor do goberno de Madrid, por falta de sintonía entre os novos gobernantes nacionais e a conservadora autonomía galega de "lluvia y calma". Agora, en fin, porque a pesares de igualarse as cores predominantes en Madrid en Santiago, aínda non é posible o que pedía o deputado Aimerich de unirse tódolos representantes galegos -sexa cal sexa a súa cor- para influir en Madrid.

En fin: Sensación de vivir... nun país de segunda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES