Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oficinas bancarias

lunes, 16 de diciembre de 2013
Algúns pobos galegos póñense en pé de guerra polo posible peche da única oficina bancaria que posúen, porque saben da absoluta necesidade dun servizo así en cada concello para ingresar ou retirar diñeiro e facer as xestións imprescindibles nestes tempos nos que nos obrigan a cobrar por banco e a pagar por banco todos os nosos recibos.

A febre expansionista das entidades bancarias chocou de súpeto coa realidade, e o resultado actual é que necesitan e queren facer rendibles todas as oficinas sen ter en conta os servizos que prestan, atendendo somente á súa eficacia recaudadora. E os poderes públicos poden e deben facer valer o seu papel para evitar quedar sen ese servizo, alomenos unha oficina en cada núcleo de población importante, xa non digamos nas capitais de concello.

En tempos, anos sesenta e setenta do pasado século, houbo un esforzo social no que se implicaron todas as administracións, por levar estradas, telefonía, luz eléctrica, comercios, bancos, sanidade e educación ao rural galego, non sendo permisible agora unha retracción total, agredindo unha poboación que nunca chegou a estar atendida como nos grandes núcleos urbanos. E se a sanidade e a educación se centraron de xeito especial en concentracións efectuadas nas capitais dos concellos, alí radicaron tamén moitos servizos dos que ahora non se pode renunciar.

A banca acabará pagando a súa soberbia – ao mellor xa a está comezando a pagar se empezamos a prescindir dela no posible- no seu proceso de monetarización de toda a súa actividade. E se quere manter esa marcha cara a rendibilidade por riba de todo, deberá acelerar o seu proceso de dixitalización, na medida en que Internet chegue a todo o país e a todos os seus habitantes, para que no posible se fagan os trámites bancarios a través da Rede. Pero iso nunca poderá sustituir as oficinas presenciais, e de xeito especial no sempre lonxano –alonxado- medio rural.

Alguén deberá facérllelo saber ás entidades bancarias, e se xa os particulares o están facendo, as institucións oficiais non poden quedar caladas en tema tan importante, tan grave para moitas poboacións do rural galego.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania