Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerreá (Lugo) (II)

martes, 18 de octubre de 2005
As promesas máis frecuentes que se levan a cabo neste santuario son as seguintes:

I.- A realización dos distintos rituais asociados ó santuario que segundo o grado de participación dos devotos teñen un carácter colectivo ou individual.

1.- Rituais Colectivos
1.1.-A Novena

Os días anteriores á festividade ten lugar a novena ó Eccehomo, á que acoden polo xeral fregreses da devandita parroquia e algúns devotos procedentes doutras fregresías.
Entre os actos que se adoitan levar a cabo nesta novena distingo os seguintes:
1º.- Rezo do Sto.Rosario e celebración da Sta.Misa.
2º.- Lectura de Salmos acerca do Eccehomo.
3º.- Oracións para cada día e oracións xerais.
4º.- Rogo ó Ecce-Homo por parte do devoto.

Para Rosendo Álvarez Gastón a celebración da novena presenta algúns elementos que convén distinguir:
"a.-Participa en ellas un número notable de fieles, superior al que asiste habitualmente a los normales cultos parroquiales.
La motivación de esta asistencia superior es que se trata de una festividad local, y, por celebrarse una vez al año, no es algo rutinario, sino que despierta interés la solemnidad conque se hacen sus actos.
b.-Se despiertan sentimientos, recuerdos, vivencias religiosas arraigadas.
c.- Son una oportunidad para revitalizar el culto" (18).

1.2.- A celebración de Misas
O día catorce celébranse misas toda a mañá. Nesta tarefa ó crego encargado do santuario axúdano cregos das feligresías limítrofes. Algúns deles concelebran logo a misa solemne que ten lugar a unha da tarde, rematando o día con outra misa que se celebra as cinco e media da tarde.
O día quince celébranse dúas misas: unha as once da mañá e outra, que é a misa solemne, a unha da tarde.

1.3.- A Procesión Xeral
O rematar a misa solemne celébrase a procesión xeral, que dá unha volta ó redor do santuario. A procesión ten como finalidade sacar ó exterior a imaxe do Eccehomo que santifica todo o entorno xeográfico. "Dando una vuelta alrededor del santuario, la imagen santa o la reliquia sacralizan no sólo a las personas y a los animales, sino también a todo el entorno geográfico" (19).
A distribución dos distintos elementos que interveñen nela realízase do seguinte xeito:
A.- Cruz parroquial levada por un fregrés da comunidade parroquial.
B.- A imaxe do Eccehomo levada en andas por catro homes da parroquia.
C.- Cregos concelebrantes.
D.- Devotos colocados sen distinción de idade ou sexo.
"Sale a procesión que da unha volta al santuario. Primero vai a cruz parroquial e logo a imagen do Eccehomo levada por catro homes da parroquia" (20).

2.- Rituais de carácter individual
2.1.- Ritual de vir andando desde o seu lugar de orixe

Hai anos moitos devotos viñan andando desde o seu lugar de orixe. Este ritual tiña como finalidade levar a cabo un sacrificio á imaxe á que estaban ofrecidos. Na actualidade sigue habendo algunha influencia deste ritual a nivel parroquial e interparroquial. De tódolos xeitos a maioría dos devotos fan a viaxe en coches particulares ou de liña.

2.2.- Ritual de contacto
O desexo de todo devoto é tomar contacto coas imaxes, e demais obxectos sagrados do santuario, xa que o sagrado proxecta a súa cualidade, sacraliza. Entre as prácticas máis habituais de tomar contacto co sagrado, sinalo as seguintes:

1.- Ritual de poñe-lo santo
Este ritual consiste en, que o crego encargado do santuario, pon unha imaxe pequena do santo enriba da testa do devoto, dicindo a seguinte xaculatoria:
"Que ÉL sea para tí, el camino, la verdad y la vida"
"Al llegar al santuario oímos unha misa; despois poñemos o santo, y pasamos o pañuelo al santo, para que nos protexa" (21).

2.- Ritual de contacto activo coa imaxe estática
Algúns devotos tocan cos seus panos e outros obxectos a imaxe do Eccehomo e logo pásanos por algunhas partes dos seus corpos cunha finalidade profiláctica e curativa.

3.- Ritual de contacto coa porta do santuario
No transcurso do ano, algúns devotos levan da porta de entrada do santuario uns guizos empregándoos nas súas casas como símbolos protectores contra todo aquilo que poida ocasionar perturbacións.
Hai anos os que ían segar a Castela levaban tamén un guizo da porta do santuario para que lles dese protección no camiño. "La gente lleva estelas de la puerta del santuario para que los proteja" (22).

II.- Aparte dos rituais descritos os devotos levan a cabo outra serie de promesas que paso a sinalar a continuación:

1.-Misas
Dúas rapazas da parroquia encárganse de apuntar as misas así como de recoller o seu importe, que é de setecentas ptas. por misa. Calcúlase que entre os dous días da festividade apuntan unhas cento cincuenta misas que o crego do santuario ten que celebrar no transcurso do ano, aínda que moitas delas cédellas a outros cregos para que as celebren.

2.- Ofrenda en metálico
Esta ofrenda lévase a cabo da seguinte maneira:
2.1.- O Poñe-lo Santo, xa que os devotos despois de poñelo deixan una esmola o poñente.
2.2.- Ofrenda que recolle un fregrés no transcurso das misas que se celebran no santuario.
2.3.- Nos petos de esmola que hai no santuario.

3.- Velas
Algúns devotos levan candeas pequenas e grosas que poñen a carón da imaxe do Eccehomo. Estas candeas véndenas dous rapaces da parroquia á porta do santuario.

4.- Exvoto de cera
Hai algúns anos os devotos traían figuras de cera que representaban a corpos de animais: vacas, porcos e xatos. Tamén ó corpo humano e algunhas das súas partes: mans, pernas, pés... Na actualidade, aínda que segue habendo algunha influencia deste tipo de ofrenda, o máis normal é que os devotos paguen en diñeiro ás mesmas rapazas, que apuntan as misas, o que valen tanto os animais coma os corpos humanos, segundo o estipulado polo párroco. Así no ano mil novecentos noventa e dous o valor dun cocho era de cincuenta ptas; o dunha vaca cen; os corpos humanos tamén valían cen etc...
"Antes os romeiros traían figuras de cera, como cochos, vacas, corpos humanos; agora en cambio pagan en diñeiro o que valen tanto os animales como os corpos" (23).
Por outra parte algúns donativos que recibe o santuario nestas datas empréganse en axudar a sufragar os gastos da festa profana que se celebra preto da igrexa parroquial.
A festa ten un efecto compensatorio despois de que os devotos cumpriron as distintas promesas adicadas ó Eccehomo. "En la mayoría de los santuarios la romería acaba en fiesta: es la desacralización, la vuelta al mundo profano después de permanecer por algún tiempo en contacto con lo sagrado. Es una vuelta ruidosa, compensatoria..." (24).
Ademaís, é a manifestación da identidade da comunidade, da cohesión como grupo que se mostra fronte a outras comunidades, tentando superalas na organización das súas festas, etc... "Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y también de su unidad" (25). Tamén úsase como elemento de comunicación do grupo comunitario por medio do baile e do xantar. "Estes visitantes, mozos, veñen só pola tarde para bailar. Hai que contar igualmente cos outros visitantes, os invitados de cada casa, que veñen xeralmente das outras aldeas da parroquia...; pero ás veces veñen de moi lonxe (26). "... a la fiesta profana, centrada en el baile, asistirán los invitados de las distintas casas, así como los que, sin ser invitados (sobre todo jóvenes) quieran acudir" (27).
Na festa prodúcese o paso do cotián a situacións onde a espontaneidade e a diversión poden ter lugar. O baile, o canto e a música desencadenan emocións. "El símbolo ritual de la fiesta se caracteriza por constituir una polarización de significados que tienden a ser agrupados en dos polos semánticos opuestos: uno el polo ideológico o normativo, por el cual los significados del ritual tienden a referirse a componentes del orden social y moral, y el polo sensorial, relativo a fenómenos y procesos que estimulan deseos y emociones" (28).

Notas
18. Álvarez Gastón, Rosendo. La religiosidad popular, Cuadernos BAC, Madrid 1981.
19. Mariño Ferro, Xosé Ramón.: Ob. cit., p. 175.
20. Informante de Cadoalla.
21. Informante de Becerreá.
22. Informante de Becerreá.
23. Informante de Cadoalla.
24. Mariño Ferro, Xosé Ramón.: Ob. cit., p. 297.
25. Pitt Rivers, Julián.: "L' identité locale vue à travers la fête", Coloquio Hispano-Francés, Culturas Populares, Diferencia, Divergencias, Conflictos, Universidad Complutense, Madrid, 1986, p. 19.
26. Mandianes Castro, M.: Antropología dunha parroquia galega. Loureses, Galaxia, Vigo, 1984, p. 120.
27. Fernández de Rota, J.A.: Antropología de un viejo paisaje gallego, Centro de Investigaciones Sociólogicas, S. XXI, Madrid, 1984, p. 259.
28. Galván, Alberto.: "Ritos, fiestas y creencias". Las Razas Humanas, T.II, Compañía Internacional, Editora S.A, Barcelona, 1981, p. 170.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania