Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedais trabucados

lunes, 16 de diciembre de 2013
Acendín o coche, toquei o acelerador e non se me puxo en marcha. Calquei máis a fondo e nada. Cando quixen acelerar de novo, o pé fóiseme cara ó freo e case parto o pescozo ante a brincadela do vehículo. Ante o susto volvín tocar o freo e o coche aceleraba máis.

O pensamento levoume a cambiar de pedal por aquilo de... a ver se por un casual. E a casualidade resultou, xa que ó tocar o acelerador o coche freou de golpe. ¡Meu Deus!, alguén me trabucou os pedais do meu Filomeno. Gotas de suor asomaron axiña na miña fronte. Acelerei para frear. Tiña medo de seguir.

Mentres non me acostumase ós cambios, podía darlle por detrás a algún outro vehículo. ¡Que angustia! Non sabía que facer. O espertador mandou ó traste a miña angustia. ¡Menos mal!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES