Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Madiba

viernes, 13 de diciembre de 2013
Desde o Preguntoiro

Na vida dos grandes revolucionarios sempre os tiveron sometidos os opresores, a tódalas vexacións habidas e por haber e con unha rabia salvaxe de odio, con campañas de mentiras e calumnias. Despois cando morren os converten en iconos sen ningún pudor e intentan inclusive canonizalos para enganar ás clases oprimidas. Agora vanlle chorar con esas bágoas de cocodrilo. Estes insaciables reivindican a Mandela a súa loita e ao mesmo tempo intentan tapar ese contido revolucionario tapando e viciando a súa andaina histórica, teñen máis cara ca un zapato vello e a vergoña xa non ten límites. O cinismo e a hipocrisía supera ao ridículo, cando eles mesmos aplicáronlle a lei de sabotaxes para metelo na cadea de por vida.

A homenaxe mundial a Nelson Mandela case é unánime, porén, aínda fai un pouco tempo (2008) Madiba era considerado un terrorista por EE.UU e RU; cando eses países eran gobernados por Ronald Reagan e Margaret Thatcher onde apoiaban o terror do apartheid, inclusive dicindo a Dama de Ferro: “todo aquel que pense que o CNA de Mandela gobernará Sudáfrica non ten os pés no chan”, ou daquel descerebrado deputado inglés que dixo: “ Mandela debería ser fusilado”.

A finais dos anos 60, pouco ou nada escoitábase do apartheid neste país Eu son testemuña daqueles anos en Sudáfrica, concretamente no ano 1969-71-77, tanto en East London, Durban ou Cape Town onde observabas o terror imposto sobre os nativos dese país, era alucinante ver o trato que lle daban, malleiras e mortes nas rúas, a miseria era impresionante para a maioría da raza negra. Os teño visto ir para os peiraos a traballar en fila ás ordes dun branco, deume unha impresión abraiante, como se foran para un campo de concentración nazi. Era un réxime brutal tolerado por estes neoliberais de Europa e EE.UU , onde lles deron a patente de corso para facer tódalas falcatruadas e non podemos esquecernos das matanzas de Soweto.

Párteseme os beizos de tanto rir ao escoitar ao noso presidente Rajoy: “Mandela deixa a dignidade, arela de liberdade e de concordia” Cando neste país está rexurdindo o apartheid entre ricos e pobres; o cinismo de Rajoy chega a límites apodrecidos. Agora para o PP Madiba é un grande home, porén, fai uns días negáronlle o poñerlle a unha rúa o seu nome... cínicos.

Señores do neoliberalismo dígolles: os que morren pola vida non poden chamarse mortos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES