Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apartheid español

jueves, 12 de diciembre de 2013
Causa estupor observar as declaracións que os nosos gobernantes realizan estes días con motivo do falecemento de Nelson Mandela. Noxo as louvanzas ao home que acabou co apartheid en Sudáfrica. Porque eles son igual de culpables que os que mantiveron a Madiba 27 anos na cadea. Son responsables dunha segregación que está a ter efectos catastróficos. Unha segregación social.

Están a separar os desafiuzados dos que viven en palacetes.

Aos parados dos que lles berran: "Que se fodan".

Aos que non poden recorrer á Xustiza dos que a apalpan, violan e modelan á súa medida.

Aos que non teñen para xogar á lotaría dos que lles tocou 9 veces.

Aos que teñen os seus familiares enterrados en cunetas dos que din: "Non se deben reabrir vellas feridas".

Aos que perderon un fillo a causa da droga dos que navegan en iate xunto a narcotraficantes.

Aos que non poden celebrar o aniversario do seu fillo dos que reciben 4.600 euros de confeti para o seu.

Aos que nunca foron- nin irán- de vacacións dos que van cazar elefantes a Botsuana.

Aos que lles roubaron todos os seus aforros dos que se blindaron con xubilacións millonarias.

Aos que non teñen para a ITV do coche dos que se lles aparece un Jaguar no garaxe.

Aos que intentan, a pesar da escaseza, inculcar aos seus a honradez dos que dende a opulencia saquean fondos para nenos minusválidos.

Aos que visten de mercadillo dos que reciben traxes de Milano e bolsos Louis Vuitton.

Aos que dixeron NON Á GUERRA dos que din, 460.000 mortos despois: "...a min tamén me enganaron, non había armas de destrución masiva".

Aos que sofren o copagamento sanitario, educativo, de dependencia... dos que venden hospitais, colexios, residencias... aos seus amiguetes para facer negocio.

Aos que celebraron a voda dos seus fillos con xente de ben dos que inundaron El Escorial de delincuentes.

Resumindo, aos desherdados da sociedade que perderon a fe en todo dos que pertencen a esa noxenta amálgama político- financieira que nos goberna amparada pola igrexa, xustiza e realeza.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES