Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Converxer

martes, 18 de octubre de 2005
A significación de converxer, para os galegos, foi durante moito tempo sinónimo de “subir”, mentras que para calquera observador imparcial debería significar “coincidir”, “igualar”, “armonizar”...

Durante anos, estivemos (e aínda estamos) converxendo con Europa no sentido que a nós nos interesaba: Recibindo moi interesantes dotacións económicas para investir en proxectos de futuro, en sectores sensibles, en investimentos socialmente rendibles de xeito que incidisen directamente no progreso e evolución do país.

Dese xeito, Europa -que aínda que somos nós tamén sempre coidamos que nos é allea- enviábanos anualmente sustanciosas aportacións para converxer económica e socialmente. Os paises desenvoltos aportaban ós que estaban aínda desenvolvéndose, caso de Galicia, os fondos precisos para lograr esa converxencia.
E, de repente, dámonos conta de que estamos converxendo. Viñéronnolo dicir oficialmente na resposta no Congreso dos Deputados a unha pregunta efectuada polo Bloque Nacionalista Galego: As aportacións da Comunidade europea van diminuir, por aquelo da converxencia.

Non é que xa chegaramos ó nivel das nacións máis desenvolvidas da Comunidade, senón que esta pasou de 15 a 25, e dos novos non só non son ricos senón que algúns son bastante máis pobres ca nos. Por outra parte, a nosa poboación merma e non aumenta. As transferencias, polo tanto, por moi ben que se conduza políticamente o tema, van ir a menos. Velaquí que, o que tanto nos gustaba, “converxer”, xa nos gosta menos. Xa converxemos, non por moito subir senón porque o promedio baixa.
Se ben miramos o tema, teriamos que estar satisfeitos por ter subido nós, porque se vai atender ós que coma nós -máis ca nós- están necesitados, e porque Europa funciona como un gran país con tódalas súas virtudes e defectos.

Chegados á converxencia, que o tema non nos colla de novas, nin defraude expectativas ilóxicas. ¡Tiña que chegar!. E está chegando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES