Esquecementos (II): Francisco Lanteiro
Fernández, Suso - martes, 10 de diciembre de 2013
Cando hai 40 anos o cronista afanábase na precura de información sobre a vella catedral, co fin de documentar o traballo que traía entre mans, e que diu lugar ó que foi seu primeiro libro, e tamén o primeiro que se publicou sobre a igrexa, Guía Histórica e Artística de San Martiño, no arquivo da mesma diu cun vello documento que dí: 1861 foi crucial para o mosteiro, a punto de ser derrubado, co que sucumbirían sèculos de historia, privando ás xeracións vindeiras de contemplar tan orixinal monumento e ós estudosos da arte, de indagar nas pedras milenarias.
Foi así: o 28-2-61 afundiuse o teito da nave central e con él o coro; e como os ábsides atopábanse rachados, xurdiu o dilema de restaurar ou derrubala e facer outra nova. Por ser Real Priorato, dependente da Coroa, deuse conta a Madrid e, co fin de recoñecela, de orde do Goberno, trasladouse ó lugar o arquitecto Angel Cosuí o 16-4-61 e o 22-1-62 outro da Coruña, Xosé Noya; ambos inclinábanse por derrubala e levantar outra a expensas da Coroa. O cura-prior, don Salvador Pardo, contrario ó derrube, acudíu ó Bispo, don Ponciano de Arciniega, en demanda de protección e axuda económica, quen comisionou ó mestre de obras Francisco Lanteiro que, examinadas as secuelas do incidente, comprometiuse có Bispo a reparalas e manter en pé o cenobio.
Como o prelado confiaba na súa honradez e capacidade, facilitou fondos ó prior e Lanteiro realizou a obra para celebrar nel- como se fixo- o San Martiño o 11-11- 1866. È evidente que os contrafortes que sosteñen as paredes resultan exóticos, pero grazas a eles- djn os expertos- mantense en pe a basílica; e acaso a súa existencia dèbase a Lanteiro, porque, de non aceptar o reto, o mais probable sería que se consumasen os consellos dos técnicos e que leváramos xa preto de dous séculos sen esta xoia da historia e da cultura. Esa é, ¡nada menos!, a importante obra de Lanteiro, en San Martiño, a quen apenas se cita, envolto nun lamentable oscurantismo: o mindoniense é outra víctima do esquecemento...
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz, concello ao que pertence San Martiño de Mondoñedo)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora