Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Envellecemos

lunes, 17 de octubre de 2005
En moi poucas décadas, o panorama educativo en Galicia deu un cambio radical.

Nos sesenta, eran absoluta maioría as escolas rurais, extendidas por toda a xeografía, onde un mestre atendía a trinta, corenta ou máis rapaces e rapazas que abarcaban todo o abano do período escolar. Un só mestre ou (maioritariamente) mestra atendía a tan dispar auditorio, conseguindo resultados incribles para os medios, a asistencia e as condicións nas que se impartía o ensino.

Á mesma velocidade que a poboación galega fuxíu do rural para o urbano, así se construíron os que primeiro se chamaron "grupos escolares", logo "colexios públicos" e agora centros de ensino de primaria ou secundaria.

A escola unitaria rural esmoreceu, especialmente nos últimos tempos, de xeito que na actualidade en Galicia hai somente 281 centros, tendo pechado cen nos últimos catro anos.

Pero o problema non está só no rural, senón en todo o país, se temos en conta que nos últimos catro anos reduciuse en trinta mil o número de estudiantes de primaria. E que, daqueles máis de corenta alumnos por mestre que había nos sesenta, a media actual de alumnos por mestre de primaria é de arredor de dezaseis.

Se hai menos nenos, máis vellos somos. Galicia é un país que envellece porque non se renova, de xeto que as instalacións que máis proliferan, e que máis se necesitan, son os centros da terceira idade, xa sexa para o lecer, para a atención médica ou para residencias.

Que nazan menos nenos é un fenómeno tan extendido na nosa sociedade, que a todos nos parece do máis normal. A vida é difícil abondo para un matrimonio medio cun ou dous fillos como para pedir heroicidades, e a menos que haxa unha decidida política de apoio á familia -por agora lonxe nas perspectivas previsibles- o fenómeno dista moito de remitir.

Trinta mil nenos en catro anos para unha poboación de arredor de dous millóns e medio de persoas é un dato para pensar, estudiar e actuar.

Que envellezamos individualmente é desexable e grato, especialmente se se fai coas debidas condicións de saúde e sociais. Pero envellecer colectivamente é hipoteca-lo futuro, pechar portas ó mañán, e un sinal de alarma para toda Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES