Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nelson Mandela: a referencia ética do século XX

lunes, 09 de diciembre de 2013
Mandela foi, é e será, ese faro que ilumina o itinerario para camiñar por a vida na dirección correcta.

A súa visión foi a de unha Sudáfrica unida, democrática, e florecente, na que non tiñan espazo, nin o racismo nin o sexismo, nin a pobreza. Na que ningún ser humano fora explotado ou reprimido.

A súa misión foi acelerar os ritmos da historia, sen odios nin violencias.

A súa bandeira era a da igualdade, a dos dereitos humanos, a da reconciliación e a da democracia.

A súa folla de ruta, era a de mirar o futuro e posicionarse por encima do rencor e das ideoloxías. Recoñecer o noso mundo dentro dos outros mundos, e a descubrir que somos iguais porque somos diferentes

Eliminou fronteiras dentro do seu propio país, sementou a paz, apagou odios, abrazou o adversario, e evitou o revanchismo e a guerra civil.

En realidade foi un gran modelador de conciencias, que tratou sempre por igual, tanto o humilde como o poderoso. Foi capaz de tender unha ponte sobre o abismo racial, sobre a que se pode camiñar con seguridade e con confianza.

Pasou case un terzo da súa vida na cadea, na que entrou como un mozo furioso e saíu como un pulido diamante. Chegou tarde o poder, con 75 anos acadou o mandato do Goberno, solo estivo unha lexislatura, an que podía continuar o tempo que quixera. Foi ese gran visionario que utilizou a política para unir, fortalecer o presente e deseñar un futuro no que todos son necesarios e na que se respire liberdade.

En palabras do seu gran amigo e veciño, o arcebispo Desmond Tutu, tamén Premio Nobel da Paz, que o definiu “Como un precioso diamante pulido no máis fondo da terra”

O gran Madiba, como cariñosamente, se lle coñece en toda Sudáfrica, foise, pero o seu legado segue vivo, e a misión de todos nós e a de polo en práctica, e incorporalo como un hábito de conduta en todas as facetas da vida.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES