Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á procura da xustiza e a fraternidade

viernes, 14 de octubre de 2005
Despois dun necesario silencio, retomo a sección “á beira do Camiño”. A dirección do El Progreso, aberta a fomentar os valores da diversidade e da pluralidade (tanto no eido socio/cultural coma no religioso/político) anima a miña predisposición a seguir colaborando. Tamén me da azos un bo grupo de lectore/as. Gracias a todos/as. Nesta sociedade dos esperpentos, na que se oen/escoitan moitas voces que non levan a ningures, os cristiáns/ás non podemos ficar xordos nin mudos ante a chamada de Deus que nos urxe nos feitos/acontecementos cotiáns que estamos a vivir. Seguimos co lema xa que a alegoría do Camiño segue a ser boa referencia para os seguidores de Xesús: “Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida”.

Á vista está a morea de acontecementos (naturais e xerados polo egoísmo humano) que afogan á Humanidade, chea de medos e sofrimentos. Terremotos, riadas, inundacións, (“catástrofes naturais”) e guerras, violencias, vallas, pateiras, mortes (feitos provocados, polo tanto evitables), enchen de tristura, desespero e morte a gran familia humana. “Sempre  o mesmo e os mesmos: os pobres”. Isto non sucede por casualidade.   

Algúns, ante a disgracia, buscan culpables, ollan ó ceo e mesmo preguntan “¿donde está Deus?”. A esperanza, no medio das catástrofes, acércanos ó misterio. Pero cómpre lembrar que Deus non manda nin quere as catástrofes; rexeitaas fortemente. Nin se pode decir que as permite ou que son un castigo de Deus. Deus está na Cruz, no seu Fillo, con todos os crucificados de todos os tempos. É doado localizalos arestora: Asia, África, América Central...Mellor que nos preguntemos cada un de nosoutros “¿onde estou eu e que estou a facer!?”.

Remato con palabras do teólogo Jon Sobrino que pon en boca de Deus esta mensaxe:“Salven a este mundo. Non hai nada máis urxente nin importante…Estuden, investiguen e busquen, por amor ó meu Nome, solucions para prever e paliar catástrofes… Terminen coa corrupción e a mentira; gobernen con xustiza e honradez…E non se lles encha a boca berrando democracia, globalización. E aprendan do meu enviado Xeremías: O que Jahvé quere é que melloren a súa conducta e obras, que fagan xustiza, que non opriman ó forasteiro, ó emigrante, ó orfo e á viúva”.¡Que axuden a baixar da cruz ós crucificados do noso tempo!.Esa é a obriga de todos os humanos.

¡Facemos falla todos e todas!. Todas e todos, estamos implicados ata o cogote. Máis os que decimos seguir a Xesús. E…¡espéranos un outono "quente!!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES