Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo da Cacarela (In memoriam)

jueves, 05 de diciembre de 2013
Ondea a media asta a bandeira galega da Confraría de Pescadores, en sinal de loito polo pasamento dun històrico membro que acaba de rematar a travesía dunha vida que tivo por norte a dedicación apaixoada á que foi vocación irrenunciable: o mundo do mar.

A xeografía humán do barrio de Marzán, da súa nacenza, formada por labregos e mariñeiros, do que Manuel María dixera: “ ... onde as redes mariñeiras a enxugar están / no medio das medas e os medeiros do pan”, encheu unha vida de traballo e dedicación honesta no desempeño da dualidade herdada dos ancestros, de tradicional vixencia en boa parte da nosa beiramar.

Tan amante da pesca no mar como de cultivar a terra, en ámbalas facetas sentíase realizado, e tamén das dúas falaba con paixón; non había día que dende a atalaia da súa casa non contemplase detidamente a inmensidade do océano nen tampouco que non permañecese atento ós partes metereolóxicos co mesmo interese que o facía nos seus tempos de frenética actividade.

Manolo, octoxenario, formara nas tripulacións daquelas embarcacións que nos primeiros anos 40 foran pioneiras zarpando cara ós portos de leste á captura do bocarte e que díu lugar a unha relación fraternal entre os mariñeiros daquelas latitudes e os do golfo do Masma, relacións humanas que tiveron a máxima expresión en dúas localidades: Laredo e Ondárroa como o cronista hai 20 anos puido constatar en viaxe inesquecible na compaña de Manolo, facendo escala en tódolos portos ata San Juan de Luz, en Francia.

Foi entón cando o que asina, alleo ó mundo do mar, se decatou dos fondos afectos que estas xentes conservaban mutuamente e coñeceu episodios vividos por uns e outros, en tempos tan míseros, moi emotivos.

Hoxe despedimos, con estas breves liñas, trazadas a boapluma, a Manuel Otero Palmeiro, arquetipo de mariñeiro/ armador e labrego, unha especie que se esgota e que, quedará para a que nós definimos como historia (triste) do mar de Foz.

Por moitos anos, con Manolo e os seus irmáns, compartimos veciñanza e amizade que se prolonga nos descendentes. Descansa en paz, meu amigo.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES