Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maricarmen "Chipe" de Viveiro

miércoles, 04 de diciembre de 2013
Non son moi dado a alabar á xente, máis ben ó contrario, son iconoclasta, non porque me faga feliz, senón porque hai pouca xente que mereza os meus eloxios. E a cousa tén máis mérito si quen alaba o fai libremente, con sinceridade, porque lle sal do corazón como é o caso.

Nos pobos sempre hai algunas persoas, poucas, menos das que farían falta, que se distinguen das máis pola súas inquedanzas, polo seu traballo, polo seu altruismo en pro das necesidades dos veciños. Sempre cómpre ter persoas disas que, por riba de críticas e envexas, traballen en asociacións de diversa índole. Nun mundo, no que case todo se mide por cartos, faíselles difícil a algúns ver xente disposta a loitar polo ben común a cambeo de sacrificios e toda isa cativeira mezquindade que xenera o altruismo máis xeneroso.

Non embargantes, aínda queda xente que sabe valora-los esforzos e recoñocer das maneiras que mellor se lle ocurre isa xenerosidade de persoas. Iste é o caso da Asociación de coros e danzas “Eidos” da Coruña, que acaba de concederlle a viveiresa Mari Carmen López Gómez, popularmente conocida como “Maricarmen Chipe” a medalla de plata de dita Asociación, en recoñocimento da laboura tan inxente que está facer coa Asociación e grupo folclórico “Bágoas da Terra”, verdadeiro embaixador do noso mellor folclore en España e no estranxeiro.

Ademais Mari Carmen, como lle chamamos os amigos, é “alma máter” da “Mostra Folclórica Internacional” que xa celebrou en Viveiro o trixéximo quinto aniversario. Isa pasarela das mellores danzas mundiales- na que o noso amigo Xulio Xiz ven sendo excelente e perpetuo presentador- está hoxe pendente das subvencións precisas para o seu desenrolo. Viaxes, estancias…están sempre coordinadas por unha muller a quen non poden deixar na estacada, nin empufada, uns políticos de diverso pelaxe, que se pelexan entre si, sen decatarse de que a obra de esta artista necesita as ferramentas precisas para crea-lo arte que, ano trais ano, veñen disfrutando, non só os viveireses, senón tamén os milleiros de turistas que nos visitan.

Cómpre, señores políticos, ter altura de miras e non deixar perder un espectáculo de tanta calidade. Se vostedes queren recortar, hai moitas argalladas onde o poden facer. A Mostra é necesaria, tan formativa coma un bó libro.

Pero o ano tén moitas datas e así, se chega o Corpus, alí está Mari Carmen para coordinar as alfombras florais; se chega a Semana Santa, alí está a Presidenta da Cofradía das Mulleres quen, a súa vez, ven sendo a Portavoz da Xunta de Cofradías. Unhas cofradías que, merced ó traballo de outras persoas tamén altruistas, lograron para a Semana Santa de Viveiro o recoñocimento de “Interés turístico internacional” .Traballo onde a nosa Amiga, como non, tamén estivo presente.

Ós que coñocemos a Mari Carmen desde nenos sabemos que en Viveiro é unha institución cultural, que sempre está disposta a colaborar no que sexa necesario, e así forma parte de diversos colectivos.

Iste premio, que ila agradece no nome de Viveiro, e un xeito de mostrarnos a súa grandeza persoal facendo ós demais participes do seu esforzo.

Moitos premios mereces, Mari Carmen, por iso Deus regalouche a Óscar, o teu marido, isa mistura de sensatez, bonhomía e comprensión e, por suposto, unha gran familia.

Gratitude e apertas moi sinceros de Maika e meus.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES