Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tranquilidade e comprensión

viernes, 14 de octubre de 2005
O Vicepresidente da Xunta de Galicia chamou á calma diante da folga do transporte que ten colapsada Galicia, pedindo "tranquilidade, diálogo, solidariedade e comprensión".

Os máis maiores lembrarán aquela vellísima canción que aló polos anos corenta proclamaba "No hai novedad, señora baronesa / no hay novedad, no hay novedad;/ lo que pasó es que anoche cayó un rayo/ y del palacio hizo un solar".

Que pode relacionarse con aquel chiste do señorito andaluz que cando lle ían relatando as fechorías dos seus braceiros en folga respostaba: "¡Con tal que no toquen el dogma!". Ata que lle viñeron dicir: "Es que piden la reforma agraria y el reparto de tierras", diante do que exclamou: "Ahora sí que han tocado el dogma".

En Galicia, nestes momentos, hai novidades e están tocando o dogma.

Seguro que os transportistas teñen toda a razón do mundo en protestar polo precio do combustible, pero Galicia enteira non lles ten a culpa. Vaian facerlle unha pitada ó Ministerio correspondente, sitien as subdelegacións do goberno, ou fagan folga de brazos caídos pero non corten as veas dun país que abondo fai con loitar día a día pola súa supervivencia.

Que determinados subministros mínimos teñan que ter escolta policial, que os piquetes impoñan o terror, que se agreda a conductores e vehículos, evidencia que a pesar de tódalas normativas seguimos rexéndonos pola Lei do máis forte, diante do que non se pode ter tranquilidade, nin solidariedade, nin comprensión nin diálogo.

Todos comprendemos o problema de quen teña que traballar en base a un combustible con precios cada vez máis abusivos, porque todos somos consumidores desa enerxía que ninguén se preocupou en diversificar porque o máis doado era deixarse ir e arrecadar cada vez máis impostos.

A Xunta pouco máis pode facer que intermediar con boas palabras nun conflicto que se foi razoable no seu comezo está perdendo tódalas razóns que o avalaban. E se calquera conflicto nun servicio público ten uns servicios mínimos establecidos e acatados, neste debera habelos para os sectores estratéxicos que non poden quedar desabastecidos baixo ningún concepto.

Vai resultar que sí necesitamos máis autogoberno para poder decidir en todo o que nos afecta, e que pode ser vital para a nosa vida cotiá.

Pero tamén, ademáis de "tranquilidade, diálogo, solidariedade e comprensión", resulta que necesitamos que alguén goberne con man firme, con talante firme, con sentidiño, e poñendo por diante as necesidades públicas, o interese común, e o imperio da legalidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES