Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra a violencia de xénero

lunes, 02 de diciembre de 2013
A UNED SÉNIOR DE XESTOSO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Con dous días de retraso, o pasado 27 celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Presidiron a celebración o Coordinador – quen abriu e pechou o acto- e tódolos Profesores da Uned Sénior de Xestoso.

O lugar da celebración foi nun restaurante de Paderne, onde a Uned Sénior de Xestoso conta cunha aula. Resultou unha celebración moi lucida.

Tratouse o tema desde diferentes ángulos:

-Desde a asignatura de Música cantouse e tocouse varias cancións reflexando a problemática que esta lacra supón, enfocándoa desde un punto de vista positivo con cantos e poemas intercalados. Unha auténtica presciosidade. Vendo a súa actuación, compróbase que o progreso nesta asignatura é notorio.

-Desde a asignatura de Ximnasia a través da Música, o alumnado xunto co Profesor da mesma, fixeron unha coreografía con pasos de bachata que resultou moi vistosa.

Unha canción de fondo marcaba o ritmo ó tempo que mostraba a situación dunha muller que se sentía atrapada nas mans da súa parella, da que foi víctima a pesar de ser desenganada por un irmán.
Seguramente que moitas mulleres se verán nesa situación porque o corazón ten razóns que a razón non entende.
A cousa é moito máis complexa do que pode parecer a simple vista.

-Para saber como actuar ante situacións deste estilo, o Profesor de Medicina –DOUTOR MOSQUERA- falounos sobre os protocolos a seguir: o teléfono 016 ou o 900 016 116, que non deixa rastro, o comportamento da víctima, da familia, das testemuñas, do persoal sanitario, da policía, garda civil, do xulgado...etc.
Información non faltou.

-Varias alumnas en defensa das mulleres maltratadas, leron comentarios moi ilustrativos:

MERCEDES CACHAZA PLATAS fixo a súa aportación homenaxeando a todas aquelas persoas que saben ocupar o lugar que lles corresponde na sociedade, sexa cal sexa a súa situación civil.
Esta alumna considera que de tanto falar do maltrato, case chega a “asumirse como algo habitual ” no tecido social e –según ela- eso sería o peor do peor que podería pasar.
Tamén fixo unha referencia á solidariedade da Uned Sénior de Xestoso co colectivo de persoas afectadas por esta lacra.

E do mesmo xeito, un chamamento ós poderes públicos tanto civís como relixiosos, incluída a Igrexa Católica; para que tomen conciencia cada día con máis firmeza sobre un tema de tantísima importancia para a convivencia e o benestar dun país.

MARÍA LOURDES PÉREZ FREIRE tratou o tema en liñas xerais sobre o maltrato e discriminación da muller a través de tempo e do espazo.
Podería falar máis alto, pero non máis claro sobre esta situación na que a muller está sendo utilizada pola publicidade, pola moda así como pola política e pola relixión no caso do mundo musulmán e incluso na propia Igrexa Católica en sutiación de discriminación negativa con relación ó varón.

Cabe resaltar que, se ben cada unha analisou o tema desde o seu punto de vista; tamén é certo que ámblas dúas alumnas (católicas ambas) coincidiron na discriminación que fai a Igrexa Católica coa muller; que xa é dicir.

Outra alumna: JOSEFINA CALVO SÁNCHEZ fixo unha descripción moi detallada desta situación discriminatoria en contra da muller pola única razón de nacer muller.
¡Canto ríos de tinta podería empregar sobre este tema, esta boa señora con coñecemento de causa!
Pero esta señora é todo unha señora que soubo desembarazarse dunha situación tan complicada. Superou ese trauma e por fin liberouse e leva unha vida moi digna.
É unha muller moi valorada e moi apreciada polo seu bo proceder.

Tamén interviñeron dous compañeiros –SALVADOR e MANOLO- e unha compañeira –MARÍA JOSÉ- que cantaron como anxos para alegrarnos a tarde co seu repertorio ameno e divertido.

-A ASOCIACIÓN DE EX-ALCÓLICOS DAS PONTES colaborou co tema do día a través das testemuñas de varios socios rehabilitados que expuseron a súa experiencia vital co alcol e a súa repercusión negativa a nivel persoal, familiar e social.

-O Profesor e Música da Uned Sénior –FRAN para os amigos- fíxonos unha vez máis unha demostración da súa extraordinária valía tanto persoal como profesional.

Para finalizar, o Coordinador D. Luis Ángel Rodriguez Patiño, deu por clausurado acto.

(MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da Uned Sénior de Xestoso ( A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES