Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espantallo surrealista

viernes, 29 de noviembre de 2013
Desde o Preguntoiro

Paseando onte pola beira do porto de Vilagarcía, vexo que a edificación que están a facer na zona da Autoridade Portuaria vai inchando como un globo. Esta obra foi proxectada para instalacións de xogo de “Pádel” e cafetería.

A Autoridade Portuaria e o Concello deron os permisos para acometer esta estrutura dentro da zona portuaria. Voume permitir de bautizar esta charramangueira obra de espantallo surrealista e abondo enfouxada .

Comentan tanto o Alcalde como a Presidenta do porto que todo está dentro da lei, que todo foi polo camiño correcto, poden dicir o que queiran desde o punto de vista legal , porén, desde un punto de vista ético e estético, isto é unha chafallada máis das que se veñen cometendo no Concello de Vilagarcía.

Coido que os solos xerados por eses recheos que se fixeron no seu día, teñen que ser para infraestruturas ao servizo das empresas que promoven o tráfico de mercadorías no ámbito portuario. Non podemos esquecer os recheos que se fixeran na explanada TIR con fins portuarios, converténdose en superficie comercial privada, recheo que no seu tempo se fixo cos cartos de tódolos contribuíntes beneficiando á iniciativa privada.

Porén, como nesta época esperpéntica e corrupta que estamos a vivir todo pode ser posible, pois veña, leña ao mono: a mesturar peixe, metanol, ferro, aluminio, gran de millo, contedores, e conxelados con “PÁDEL”.

¿E o responsable da seguridade que di ante este espantallo?. Esqueceuse do Plan de Emerxencia Interior (PEI), moitos simulacros e moita parafernalia de seguridade, será para recoller pelotas de “paddle” ( en inglés máis “pijo” e máis chachi ).

Para seguir cos espantallos surrealistas, tómome a liberdade de aconsellar que o Sr. Alcalde contacte co Sheldon Adelson e ao carón dos depósitos de Ferrazo faga un Casino ao estilo EuroVegas, ata podemos fumar e sentir novas sensacións tomando unhas copiñas de metanol. FerrazoVegas, que guai, que ben queda. Anímese Sr. Alcalde.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES