Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Moi duro?

miércoles, 27 de noviembre de 2013
Despois de ter lido as declaracións realizadas pola responsable orgánica de Esquerda Galega e vicevoceira da Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento Galego, Yolanda Díaz, no sentido de 'avisar' á futura parlamentaria ourensá, Carmen Iglesias, de que 'vai ser moi duro o que vai vivir no Parlamento', ata o punto de que nin á persoa coa que a responsable de AGE tivese peor relación lle desexaría o que a que foi número dous da súa propia lista por Ourense 'vai vivir' na cámara autonómica, non puiden menos ca ir á fonte orixinal -é dicir, ó audio- co fin de escoitar o énfase coa que foron pronunciadas palabras tan explícitas, pois estará comigo, benquerido lector, en que o énfase é importante e a miúdo algo que se le nun papel cun significado concreto, ó escoitalo pode ter un significado radicalmente diferente en función do énfase e do contexto no que ese algo sexa pronunciado.

Sen embargo, neste caso ó énfase non exerceu ningún influxo sobre o texto e certamente o que a prensa que eu lin transcribiu, é exactamente o mesmo que a parlamentaria de esquerdas pronunciou, agás que o 'aviso', a 'advertencia'ou a 'ameaza' -cada quen que o colla como queira- foi feita 'con todo o cariño' de quen a pronunciou.

Poi ben, unha vez lido e escoitado o episodio declarativo da política ferrolá a min -como supoño que a calquera que as leu ou as escoitou- asaltáronme de súpeto unha manchea de preguntas ás que supoño que ela soa ten contestación.

¿Moi duro? Dixen para min. ¿E logo agora no canto de camiñar polas coidadas alfombras do Pazo do Hórreo, de reunirse en salas ben acondicionadas e de ter as mesmas oportunidades de intervir no hemiciclo có resto dos parlamentarios, vana mandar facer política a unha mina, ó alto dun andamio ou ós estaleiros de Ferrolterra?

¿Que se pode entender por moi duro? ¿Que vai ter que penar a súa decisión facendo peregrinación a pé a Compostela pola Vía da Prata cada vez que haxa sesión plenaria? ¿Que a van mandar para os sotos do edificio ata que a humidade compostelá lle roa os osos?

Supoño que o estatuto do parlamentario, o regulamento da Cámara, ou como queira que se lle chame á normativa de funcionamento interno do Parlamento, terá perfectamente establecidas as funcións que a futura deputada poderá realizar se é que a expulsan do grupo político polo que vai tomar posesión. E se é así -que o é-, ¿por que vai ter que ser 'moi duro' o seu paso -aínda que sexa en solitario- polo Parlamento?

¿Ou e qué hai razóns que o corazón non entende, pero que o elector, se cadra, debería coñecer?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES