Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

García Melle, arxentino de Sarria

martes, 26 de noviembre de 2013
Garca Melle, arxentino de Sarria Avelino García Melle, arxentino de Sarria

O Partido Popular na Arxentina comunica o pasamento de Avelino García Melle, que gterá recibido xa sepultura no Panteón do Centro Galego no Cemiterio da Chacarita.

E a memoria fóiseme a comezos de decembro de 1986, vai facer vintesete anos, cando no Concello de Lugo organizamos a primeira Semana de Lugo en Buenos Aires, sendo García Melle o anfitrión da nutrida expedición que disfrutou na Arxentina dunha Semana de actividade social e cultural plenamente lucense, podendo contactar os que aló acudimos coa realidade galega na Arxentina, impresionarnos diante das instalacións e servizos do magnífico labor asistencial do Centro Galego, das celebracións multitudinarias nas instalacións de Olivos, e -en fin- da forza da colectividade lucense e galega nunha cidade na que se chama galegos a todos os españois pola preponderancia numérica e de actividade dos nosos paisanos.

Avelino García Melle fóra Presidente do Centro Lucense de Buenos Aires, integrado xa no Centro Galego xunto co resto dos centros da emigración galega. Tamén foi Presidente do Centro Galego.

Era arxentino de nación pero os seus pais procedían da cidade de Sarria, nas terras de Lugo, e había que escoitalo falar nas súas alocucións públicas proclamándose "Argentino de Sarria" con perfecto acento arxentino pero cun fervor que acreditaba a súa queren cia pola nosa terra a medio mundo de distancia.

Era daquela un próspero comerciante en Buenos Aires, que dedicaba tempo e esforzos a traballar pola colectividade da súa terra de vocación, a Galicia dos seus antepasados. Foi durante moito tempo Presidente do Partido Popular da Arxentina. Galicia premiouno en 1999 coa Medalla Castelao.

Descanse en Paz o amigo. Os seus restos mortais descansan xa nun lugar plenamente galego de Buenos Aires como é Panteón do Centro Galego, no cemiterio de Chacarita onde hai tantos grandes da vida da Arxentina. Como o foi Avelino García Melle, “arxentino de Sarria”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES