Foz: 70 anos do PXOM
Fernández, Suso - martes, 26 de noviembre de 2013
O tema que concita o interese dos veciños de Foz é o referido ó planeamento do territorio municipal, asunto que reclama a atención e seguimento, no que se atopan inmersos unha parte da veciñanza e sobremaneira os chamados representantes políticos dos cidadáns; actitudes de veciños e políticos que non sorprenden pois falamos das que poideran ser importantes decisións de futuro, Aquéles, pola inquedanza da hipotética modificación ou alteración das posibilidades de uso e polo tanto, do valor engadido ou menguado das respectivas propiedades; e os outros porque a consideran oportunidade axeitada para amosar ó censo electoral que son eles, e non os outros, os que loitan polos intereses veciñais e que as propostas de cada quen, se son aceptadas, serán as que salven as desfeitas dos demais. Suponse que sexan estas, coma sempre, as razóns que activan os colectivos.
O planeamento foi sempre peliagudo e os responsabeis os respectivos gobernos e oposicións -- ineptos para arranxalo. Esa é, cando menos, a longa experiencia. O cronista, vello na praza, xa non lembra cántos intentos van dende a súa infancia.. No caótico arquivo garda un documento do ano 1942 - hai 70 anos!-que, sequera, barruntaban os posibles dun urbanismo mais racional e sensato pois o escrito dí: ..se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz, que, por su excelente posición topográfica, pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso ,,,, ; pero salta á vjsta que a historia non foi propicia: dende entón, mais que ensanches fixéronseestreiteces acorde con intelectos tan cativos, Aquela sociedade co 20% de analfabetos, sequera barruntaba os posibles de futuro urbanístico, pero os que viñeron atrás, (anos 40 ata hoxe, a era Internet ), masacraron o verxel: mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz!,,,.
¿Qué dirían no 2013 os do 42 ?. ....¿Plan habemus ou dentro de outros tantos alguen lembrará a nova oportunidade perdida...? ¡Qué plan, señor...!

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora