Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O imperio só procede de Deus

lunes, 10 de octubre de 2005
O título que encabeza este artigo non pertence á miña colleita, o argumentaba o Emperador Carlos V en 1520 en Santiago de Compostela con estas palabras: “Por fin se me ha conferido el imperium con el consentimiento único de Alemania y con Dios, se equivoca quien cree que por medio de hombres, estratagemas o medios ilegales, puede hacer que el imperio del mundo entero caiga en su poder. Pues el Imperio sólo procede de Dios. Espero que Dios me dirija y ayude”.

Esta foi a primeira referencia pública que fixo Carlos V ao Novo Mundo cando chegou a España, disto fai agora exactamente 485 anos.

A similitude que teñen as devanditas palabras coa nova que dou a BBC nunha entrevista ao Sr. Bush, son escalofriantes e abraiantes, onde asegurou que decidiu invadir Afganistán e Irak seguindo as ordes de Deus. Estas novas da BBC coido que foron en xuño de 2003 no balneario turístico de Sharm el Sheij, nun encontro co entón primeiro ministro palestino Mahmud Abas e o xefe da diplomacia palestina Nabil Shaath na península egipcia do Sinaí. Segundo as confidencias a esa emisora de Nabil, Bush lle dixo: “Tengo una misión de Díos. Díos me dijo, George ve y lucha contra esos terroristas en Afganistán. Y lo hice. Y entonces me dijo, George, ve y acaba con la tiranía en Irak. Y lo hice”.

Fai uns días o Sr. Bush comenta que, o obxectivo dos terroristas árabes é establecer un imperio radical islámico que se expanda desde España ata Indonesia. Ao mesmo tempo comenta que a tortura aos presos en Irak e convinte.

¿En que mans estamos neste pequeno mundo que nos toca vivir?. ¿A onde imos parar con elementos desta categoría? Xa van aló preto de 500 anos entre o que dixo Carlos V e o que está a dicir o Sr. do Imperio, e parece ser que volvemos para atrás no tempo. Pero o máis grave son aqueles que estiveron e están na mesma comparsa que montou Bush. Falo do noso expresidente Sr. Aznar que tamén está polo tremendismo e aínda nos quere facer crer naquela España contrareformista onde hoxe votan de menos a perda das colonias e a nostalxia imperial do século XVI. Só lles falla comezar a facer mazmorras (xa están, Guantánamo) baixo terra e montar os trebellos de tortura ao estilo medieval, facer a Guerra Santa contra o moro e crear un novo imperio coa axuda de Deus.
Canto tempo teremos que aturar a estes iluminados e salvadores e seguir comulgando con rodas de muíño. Estou escribindo o artigo e teño escalofrios que me percorren polas veas soamente o pensar que: “o imperio só procede de Deus”.

A Deus rogando e co martelo dando. Que ese mesmo Deus nos colla a todos confesados se estes gobernantes seguen por moito tempo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES