Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deputados aparcando

lunes, 25 de noviembre de 2013
Temos coñecemento das prerrogativas económicas dos nosos representantes no Parlamento de Galicia, onde perciben sustanciosas compensacións polos seus esforzos laborais, sen parangón co que ocorre nas empresas e na Administración. Pero hai que dar por bos eses investimentos públicos, que o labor lexislativo e de control fará que estean ben empregados os fondos que se destinen a este fin.

Vaise reducir o número de deputados, e eso enténdese porque o tempo no que estamos obriga a concentrar esforzos, e o labor do Parlamento non se pode xulgar polo número senón pola calidade do traballo.

A reducción económica non se contempla, alomenos polo de agora, que tempo haberá para estudiala se as circunstancias o aconsellan.

Pero o que non sabiamos, ou non caiamos no tema, é na existencia dun aparcamento privado dos deputados, do que algúns – parece que poucos deputados- fixeron abuso, depositando coches que non lles pertencían, como se soubo recentemente.

Se cada un de nós debe ser cuidadoso co tratamento dos temas públicos, máis un deputado que no exercizo do cargo leva de orixe –debe levar- unha escrupulosidade absoluta no disfrute –e non abuso- dos seus privilexios.

Que a denuncia pública do feito sirva de exemplo para o futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES