O descanso dun labrego
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 25 de noviembre de 2013
O labrego Eufronio Chaodarcas sentou nunha pedra do valado da súa leira mentres lle daba un descanso á xogada das vacas coas que estaba a arar.
Botou man do paquete de tabaco picado e logo de lear un cigarro abondo gordo, dispúxose a fumar con tanta parsimonia que tivo que estirar as pernas para que non se lle cerraran os ollos. A noite anterior durmira mal a causa da reuma e o sol que caía de cheo sobre el era o que máis o estaba a amolar.
Daquela tivo que erguerse da pedra e facer que fochicaba no propio valado; coma quen que estaba cortando unhas silvas, pero que na realidade estaba a espantar ó sono.
Eufronio Chaodarcas rematou o cigarro e cun hei, vacas, hei seguiu arando na leira que estaba a piques de rematar. Era mediodía e había que xantar.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora