Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Redes Cristiás en Santiago

lunes, 25 de noviembre de 2013
Redes Cristis en Santiago IV Asemblea de Redes Cristiás en Santiago de Compostela

Cambiando Realidades, provocando Rebeldías con Xesús de Nazaret

Como un simple invitado a esta convocatoria de Redes Cristiás, quero darlle tamén esta nova a Dixital Galicia por se ten a ben metela na súa programación e apareza un acontecemento importante dentro dos movementos de base da Igrexa Católica.

Trátase dun encontro de toda a España, e xa vai na IV asemblea, que se celebra este ano en Santiago na Facultade de Ciencias da Educación, os días 6 e 7 de decembro. Acostuman participar moitos grupos, cunha asistencia de máis de dúas centas persoas. Están invitados todos os que teñan inquedanzas de renovación da Igrexa, animados este ano polos aires esperanzadores do papa Francisco; calquera movemento cristián e, aínda máis, calquera “persoa ou grupo que estea a promover alternativas fronte a esta dramática realidade que vivimos dende hai xa demasiado tempo”. Como din na convocatoria, “como persoas crentes, seguimos sentindo a necesidade de cambiar a realidade da nosa Igrexa para facela máis igualitaria, máis humilde, máis crible e máis libre, especialmente nestes momentos.

Hai talleres de traballo sobre varios temas, dende “Defensa do público “, “Creando teoloxía das comunidades”, “A Crise europea e o silencio das Igrexas”, ”A rebelión dos desaloxos”, etc. , coa celebración asemblearia de postas en común.

“Pero ademais, precisamente dende o noso seguimento de Xesús de Nazaret, cremos que son xa tempos tamén de provocar rebeldías. Rebeldías compartidas, solidarias, enredadas, que sexan capaces de poñer freo á degradación económica e social que vivimos, a esta inmoralidade de recortes continuos que afogan a vida cotiá de tantas persoas. É moito o traballo que temos por diante, poñámonos á tarefa xa”…
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES