Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nacionalismo

lunes, 10 de octubre de 2005
A nosa xente, co seu saber popular aquilatado ó longo de moitos anos, de séculos, tende a afirmar que "o papel terma do que lle poñen", para representar a relatividade da actualidade publicada, e aínda a mediatización dos medios informativos.

Para as nosas xentes non fai falla efectuar estudios sobre a propiedade dos medios informativos, do seu papel na sociedade actual, da presión da política nos medios e dos medios na política... todo eso é intuído, asumido, e a conclusión - hoxe coma onte - é esa relativización mesturada con escepticismo con que se reciben as mensaxes.

O mesmo ocorre coas enquisas, das que temos a tendencia de pensar que están feitas á medida de quen as encarga, ou polo menos con absoluto respecto á tendencia do cliente.

Por eso, moitas veces, os resultados son extraños (non digamos que sospeitosos), como na última enquisa do Cis onde nos veñen dicir que os galegos temos tanta ou máis conciencia de españois ca de galegos nunha proporción tan abrumadora que nos fai pensar (case desconfiar) de como se efectuou.

Según os datos publicados, só un 21,4% dos enquisados se senten máis galegos que españois; un 3,5% séntense só galegos; un 0,6% non sabe e 1,3% non contesta.

Pola contra, o 4,2% séntese exclusivamente español, un 4,4% máis español ca galego, e un 64,6% tan español coma galego.

Para chegar a estas conclusións fixeron falla dous mil anos de civilización romana, de aillamento en Fisterra so comezado a rachar coa Nacional VI dos anos setenta, un Rei Sabio que escribiu en galego os cantos máis fermosos a Nosa Señora, un Rexurdimento, unha Rosalía, unha Autonomía, un Estatuto, un Parlamento, "unha terra, un pobo e unha fala".

Non dicimos que en Galicia haxa máis do 26,3% de nacionalistas que indica o C.I.S., e o 66,1 % de non nacionalistas, un 5,6% que non sabe o que son e un 2,0% que non contestan.

Dicimos que detectamos ou percibimos nas nosas xentes un vencello con Galicia que nesta enquisa non se percibe. Un vencello con Galicia que quizais non pode expresarse en "a quen queres máis", senón que precisa preguntas máis matizadas -se interesase- para entender como respira este país independentemente das opcións política que escolla; independentemente do que cada quen exprese nas eleccións, que esto do voto non se mide tanto polo que a un lle apetece como polo que mandan as circunstancias de amizade, influencias, ou presións.

Non dubidamos que o resultado foi o que se publica. Falta saber como foron as preguntas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania