Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilación forzosa

jueves, 21 de noviembre de 2013
A idade de sesenta e cinco anos é a que ata agora se viña fixando para a xubilación dos traballadores, zendo optativa a continuidade dos que querían prolongar a súa vida laboral para mellorar cotización ou para continuar nun posto de traballo que colmaba as súas aspiracións personais ou laborais.

Esto contrasta coa necesidade de que haxa xubilacións para renovación de persoal e contratación de novos traballadores e reducción do paro existente. Daí que a Administración autonómica restrinxa fortemente a concesión de permisos para continuar en activo aos traballadores que chegan á idade mínima de xubilación.

Non obstante, nas grandes concentracións administrativas de Galicia nótase diminución de traballadores, que naturalmente pode deberse á reducción de traballo motivado pola crise, pero tamén porque as xubilacións que se producen non rexistren inmediatas incorporación de novos traballadores senón porque se conxelen as plantillas ou se supriman as prazas dos que se van xubilando.

Ben está aforrar, ben está axustarse ás necesidades actuais, axustar os orzamentos, pero mal está deixar en cadro a Administración, e non cubrir postos de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES