"Prestixiosa" queimada
Timiraos, Ricardo - jueves, 21 de noviembre de 2013
Ós que me pecharon os canles de expresión
con motivo da traxedia: Saúde e chapapote.
Para facer unha prestixiosa queimada hai que ser galego. Ter o corazón afeito a paus, agochar as bágoas, saber que lle toman o pelo a un, vivir nunha Terra asoballada, despreciada, ninguneada
Hai que calar, ser dóciles, tragar-los contos dos políticos, sapos e serpes
Botar mau da retranca, enche-los beizos de sorrisos, doer a ialma e, a máis, darlle á traxedia un toque de humor. Despois cantar alalás con outros galegos coma aquel Fraga tan
e con Marianiño, o Corto, tamén tan
Pra ilo usemos a nosa Costa a xeito de recipiente. Despois collamos a variña máxica do Merlín cunqueiriano e vaiamos botando suaviño os siguintes ingredentes:
_ Un barco monocasco vello de propiedade liberiana.
_ Un armador grego.
_ Unha bandeira de Bahamas (EE. UU)
_ Una explotación suiza.
_ Un certificado de navegabilidade de ABS (EE.UU)
_ Un seguro fillo da Gran Bretaña.
A modiño, engadimos:
_ Unha construcción xaponesa.
_ Unha reparación china.
_ Outra alemana.
_ Veto de España (dalle moita consistencia á mistura)
Agora, con moito mimo, amañe o monocasco:
_ 1º con 1000 toneladas de aceiro necesario para reparación.
_ Rebaixe no material da reparación a 600 toneladas (logro do armador)
_ Outro rebaixe de material a 362 toneladas (logro de ABS-EE.UU)
_ Revíseno deficientemente en Dubai.
Engadir un urogalo que trouxo Cascos, ministro de Fomento, de Rumanía.
Poñanlle lume e deixen a pócima cocendo durante 26 anos, igoal que o Prestige pasou navegando.
.Inviten a tomala a:
- Fraga, Presidente da Xunta, especialista il nas vellas pócimas, e que tardou 8 días en aparecer na zoa.
- Aznar, presidente do Goberno, que tardou 31 días.
Coordine Marianico, o que veu elevarse hilillos de plastilina.(5/12/2002)
Poña unhos cazas dispostos a bombardeala coma Federico Trillo, ministro de Defensa.
Escoiten o discurso de Cañete: la rápida actuación de la autoridad ha evitado una catástrofe pesquera y ecológica. (16/11/2002) Agora ascendeu a Ministro do Medio Ambiente.
Siga remexendo López Sors, director da Marina Mercante.
Oian un novo discurso de Fernández Mesa, delegado do Goberno: A ojo de buen cubero el Prestige ha vertido 3000 ó 4000 toneladas. O cubeiro perdeu 60.000 toneladas no camiño.
Non olviden a Cuíña e o material de Tragsa.
Séntese no banco da paciencia e espere que o santo Job lle traia os 12.459 millós de euros do plan Galicia. Vexan, unha vez máis, a Negra Sombra nas costas verdescentes.
Miren agora como explotan unhos bidós e érguense as lapas camiño do Alén levando consigo os cartos prometidos, os traballos e soños de mariñeiros, estudiantes
e outras xentes boas, xenerosas, solidarias, altruistas
Vexan, vostedes, quenes son os nosos teóricos valedores e aprendan dunha vez por todas a lección de dignidade de Nunca Máis
Do Apostolos e dos rumanos e filipinos síntamos lástima.
Non beban nunca isa pócima da Xusticia porque fede e sabe chapapote.

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora