Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Militantes

jueves, 06 de octubre de 2005
Chámaselles militantes ós afiliados a un partido político, denominación que se atendemos á súa raiz latina ven significar algo así como combatentes.

Os grupos políticos -en Galicia pensamos basicamente en tres, que son os que teñen representación parlamentaria- teñen neste país unha baixa afiliación, derivada dun innato pasotismo que en estas materias se nos supón ós galegos, ó por agora curto proceso democrático deste país, e quizais á falta de axeitados reclamos por parte das tres opcións.

Con todo, suponse que -atendendo ós resultados das diversas confrontacións electorais- o maior número de afiliados osténtao o PPdeG, a continuación o Psdg-Psoe, e finalmente o Bng, que a dicir de recentes informacións periodísticas está en dez mil militantes comprometidos en toda Galicia.

Agora o Bng pretende duplicar esa afiliación, pasando dos dez mil actuales a vinte mil durante o primeiro semestre de 2006.

A afiliación terá moito que ver coa idea de cada quen, e así debera de ser, polo que os seus incrementos non debera ter nada que ver cos resultados electorais. Pero parece ser que ten moito máis que ver coa participación ou non do grupo en algunha tarefa de goberno, polos beneficios que puideran derivarse de estar no momento preciso no lugar adecuado.

É bo momento agora para o Bng porque ostenta boa parte do goberno da Xunta de Galicia, con sectores ó seu cargo tan importantes como a Cultura, o Turismo, o Comercio ou a Igualdade. E coas conseguintes gratificacións para os militantes que, sinalados polo dedo da Fortuna- son chamados a postos de relumbrón social e á conseguinte remuneración económica.

De rexistrarse normalmente na vida dos partidos, un militante seríao para toda a vida, con clarísima separación entre grupos e imposibilidade de mestura, achegamento a outras forzas ou veleidades ideolóxicas. Pero non sempre así, e non sempre tampouco os partidos son perfectamente escrupulosos á hora de elixi-los seus afiliados, mirando para outro lado con tal de incrementar a súa forza aparente.

Que non haxa máis militantes en cada grupo político deriva de que para moitísimos galegos cada forza política ten grandes virtudes pero tamén fortes defectos. E un anaco da súa vontade podería ir para cada un deles según o tema ou aspecto de que se trate. Dahí, os resultados electorais que son mudables según o momento, a elección ou o tema imperante.

Neste caso, o Bng tenta aumentar forzas. Seguro que o vai conseguir, porque é bo momento para esta acción. Cribarán, seguro. Porque do contrario as altas de hoxe serán baixas no primeiro contratempo político, dos que a actualidade pode deparar en calquera momento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES