Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dos brotes verdes á saída do túnel

lunes, 18 de noviembre de 2013
Cando un analiza as metáforas que empregaba o Presidente Zapatero e os seus ministros, para dicirnos unha e outra vez, que estábamos a punto de saír da crise, lembren con que facilidade falaban dos “brotes verdes”.

Tiñan o discurso tan ben aprendido, que toda ocasión era boa para soltalo.

O comparar aquelas metáforas pasadas coas do goberno actual da “saída do túnel”, da “saída da unidade de coidados intensivos” ou que “ou “enfermo pasou a planta”, que escoitamos con tanta frecuencia ao Presidente Rajoy e os seus ministros, comprobamos que din o mesmo, solo muda a letra, conservando intacto, tanto a forma como o fondo. Tratase de fogos de artificio, que o único que buscan e distraernos e de paso disfrazar a realidade.

Desgraciadamente, nin antes había brotes verdes, nin agora o enfermo crónico experimenta melloría. Todo é un espellismo efémero, que o tempo se encarga de desmentir. Estamos metidos nun pozo, poida que máis non caiamos, pero saír non vai a ser de momento, en parte debido, as torpezas deste equipo de goberno.

Non pode haber resultados diferentes aos do goberno Zapatero, cando se están a utilizar as mesmas políticas económicas, e nalgúns casos corrixidas e aumentadas, por así dicir, na súa vertente negativa.

D. Mariano, dedicouse a incumprir o seu programa electoral desde o primeiro día que asumiu o goberno, e así lles vai. Entramos no terceiro ano de lexislatura e os despropósitos están aí, un día si e o outro tamén.

A triste realidade, e que ten o país ben peor do que o colleu. Como indicadores fiables aí están o número de persoas en paro, as cifras de endebedamento, o incremento do número de impostos e de taxas de todo tipo, o copago en medicamentos e servizos sanitarios ou o desequilibrio entre ingresos e gastos en cada ano fiscal.

A medida, que avanza o seu mandato, aflora con máis intensidade a súa incapacidade para gobernar. Está situación vese agravada, ao fallar o seu equipo. Os peores resultados están sendo acadados por facenda e economía; case a mesma altura están xustiza, sanidade, interior e educación, e lonxe non lle andan exteriores e industria.

A imaxe que transmite o goberno, é a dun grupo de persoas, descoordinadas, escasos en ideas e sen recursos para afrontar a situación. As citas electorais están a volta da esquina, e si se anuncia descalabro nas europeas, nas locais e autonómicas, todo indica que esa tendencia se acentúa, por non dicir nas nacionais, que posiblemente non esperen os dous anos que quedan de lexislatura.

A un Presidente de goberno, o mínimo que se lle pide e que cumpra co programa, co que solicitou o voto os cidadáns, e que aparque ese discurso “que nos anuncia que para o ano nos vai anunciar”. D. Mariano que o tempo corre na súa contra, e por encima non o creemos.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES