Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixade aos profesores

lunes, 18 de noviembre de 2013
Os profesores, desde os de párvulos aos de Universidade, son especialistas nas súas materias, teñen obxectivos, plans de estudio, coñecen aos seus alumnos, e saben cal é o mellor xeito de conseguir resultados. Os profesores, pois, son os máis indicados para dar clase aos alumnos, poñerlles ou non deberes para a casa, desenvolver as súas clases de acordo co seu saber e entender.

E quen di os profesores, di o conxunto dos profesores, os centros educativos... e xa está. Convertir en materia de discusión política os deberes que os alumnos de determinadas idades levan para as súas casas é rizar un rizo extremo, politizar un tema estrictamente profesional, meterse en “camisas de once varas”.

Hai unha norma que non permite poñer deberes en primaria desde hai anos, pero parece que pode ser cambiada despois dunha votación no Parlamento onde os grupos políticos discreparon, xa que uns consideran que son os centros os que deben opinar e outros que non se debe deixar esa responsabilidade aos docentes.

Había un refrán na nosa terra hai moitos anos que afirmaba que había que “deixar ao maestro aínda que fóra un burro”, dando a entender que o profesional era quen debería decidir sobre estes temas. Pois iso: deixade aos profesores, que eles ben saben o que fan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES