Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxe a Rianxo da Uned Senior

lunes, 18 de noviembre de 2013
Viaxe a Rianxo da Uned Senior O doce de novembro do 2013, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso viaxamos a Rianxo, co noso profesor D. Felipe Senén López.

Por terras de Padrón, co monte Meda á esquerda; á dereita Bastabales, coa igrexa, as fontes. Os viñedos, os pementos de Hervón, traídos polos franciscanos. O río Hulla, á esquerda. Á dereita, o Sar. O pazo de Lestrove, onde, en 1.935, se reuniu Castelao, xunto con outros políticos e intelectuais para falar do Estatuto de Galicia. Falounos tamén o noso profesor da igrexa de Santiago, debaixo de cuxo altar se atopa o Pedrón, onde di a lenda que se amarrou a barca que traía o corpo do apóstolo.

Xa en Rianxo, terra de Castelao, debuxante, político e escritor, de Manuel Antonio, poeta das Vangardas, de Rafael Dieste, gran crítico de arte e autor teatral, e tamén de Fernández Mato, un ministro da República, moi amigo de Castelao, e familiar do poeta Manuel María. Paio Gómez Chariño, señor de Rianxo, gran poeta medieval, autor de Cantigas de Amigo, é outro dos grandes persoeiros deste pobo.Pasamos pola igrexa da virxe de Guadalupe, moi venerada en Rianxo, pero que non é a súa patrona, senón que é Santa Columba(Santa Comba en galego).

Primeiramente, fomos recibidos no Concello, onde o Señor Alcalde nos dirixiu unhas palabras de benvida, xunto cun concelleiro, que nos acompañou durante toda a xornada, e tamén uns membros do grupo da Uned Senior de Rianxo.

Seguidamente, visitamos a casa museo do poeta Manuel Antonio, un poeta que rompeu co xeito tradicional de facer poesía e pasou a formar parte das vangardas, un movemento que se estaba dando en Europa. Logo, seguindo a rúa principal, moi cerca da de Manuel Antonio, está a casa de Castelao, que nos sorprende que siga sendo privada, e que as institucións non adquiran a súa propiedade para poder restaurala e facer un museo. Fixámonos, especialmente, nas cunchas que cubren unha das súas paredes laterais, e tamén na ventá que deu nome a obra de Rafael Dieste “A fiestra baldeira”. Ao lado da de Castelao, está a casa de Rafael Dieste, moi ben restaurada e que se vai convertir tamén en casa museo.

Chegamos, logo, á praza, onde está a igrexa de Santa Columba, un precioso cruceiro deseñado por Castelao, e o pazo da familia Marcelo. Seguimos camiñando polo barrio antigo de pescadores, e chegamos ao paseo onde se atopa o monumento a Castelao e tamén o de Rafael Dieste. Este último deseñado polo artista Pérez Porto e feito na cerámica de Sargadelos.

Explicóusenos que Rianxo é unha vila de pescadores; hoxendía, sobre todo, bateeiros, e que cada familia posúe as súas bateas. Algo moi interesante.

Finalmente, pasamos por Taragoña para dirixirnos ao castro de Neixón, que se atopa nunha pequena península, e que data do século VI antes de Cristo. Foi, excavado en 1.930, por Florentino López Cuevillas. En excavacións posteriores, mesmo participou o noso profesor D. Felipe Senén López. Entre outras moitas pezas, atopouse o “Arívalos”, que se supón que é unha peza do ano catrocentos antes de Cristo. Este castro atópase nun lugar privilexiado, protexido por un microclima, aberto ao mar, a través do cal os seus habitantes poderían pescar e comerciar, a parte das outras actividades que desenvolvían no propio castro, como a cría de animais, o cultivo de cereais, etc. Tamén visitamos o centro de recepción de visitantes, Centro Arqueolóxico do Barbanza, onde están reproducidas as vivendas do castro, vitrinas con resto de machadas, cerámicas, paneis de como se construían os túmulos funerarios, etc.

Foi unha viaxe moi enriquecedora, como sempre. Sentímonos privilexiados de poder disfrutala. Gracias a todos os que as fan posibles.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES