O museo da auga
Fernández, Suso - lunes, 18 de noviembre de 2013
Ó longo dos derradeiros vinte anos e mercede á sensibilidade,visión de futuro e esforzo dunha parella Emilio e Mari Carme a Mariña Central conta co que hoxe é un atractivo turístico de primeiro orde.
Só dende a ilusión xerada polo amor á terra e á cultura dos devanceiros; dende a veneración pola natureza e a vontade decidida de asumir un risco acaso mais alá da economía persoal, foron os alicerces que, mesturados, acadaron obxetivo tan exemplar como ambicioso, do que sería bó que a sociedade aprendese a lección, cando a cotío no noso contorno se practica, en aras de mal entendida modernidade, unha depredadora acción, destructora dos valores histórico-tradicionais, etnográficos, paisaxísticos, antropolóxicos e culturais en xeral, que resultando arrepiantes para a apreciación da cidadanía, sensible a tanta barbarie, constituen unha agresión ó patrimonio, material ou inmaterial, e polo tanto a devaluación do mesmo; é decir, un empobrecemento dos recursos.
É evidente que os terreos da finca Galea xa estaban alí; faltaba que, coma Lázaro, unha voz (a do visionario) dixese: levántate e anda Pero para iso había que contar coa intuición, a vontade de sacrificio e as aptitudes que apuntamos, non doadas de atopar. Emilio e Mari Carme, dende unha vocación e ilusión a toda proba, foron quen de acadar o paraíso que expresou Manuel María: auga, pedra e árbores están en Galea sabiamente combinados, omo as palabras nun poema perfecto.
O rumor do río Ouro e a brisa meneando as follas do arboredo póñenlle música a tanta beleza
Valores da cultura e da natureza, que marchan parellos, gañan adeptos cada día como reclamo turístico; ao punto de que a televisión, en fermosos e didácticos reportaxes, a presenta como O museo da auga Novo impulso para un recinto que é honra e atractivo da bisbarra e potencia toda a maxia dun espacio único, difícilmente equiparable: a máxica Galea, resorte clave non o únicono tan proclamado, e nunca afrontado obxetivo de desestacionalizar o turismo da comarca.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora