Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bos e malos funcionarios

viernes, 15 de noviembre de 2013
Nestes tempos de mudanza, onde o funcionariado se sinte maltratado pola Administración co recorte en soldos, dereitos réximen de funcionamento, non existe moi bo clima entre os funcionarios, cando de novo aparece o proxecto da Xunta de Galicia da evaluación – examen ao fin- de funcionarios dependentes da Administración pública para revisar o estado dos seus coñecementos e da súa capacidade e mesmo actitude profesional.

En principio, o tema non tería porque preocupar, xa que é unha necesidade e reivindicación permanente de moitos funcionarios, xa que un funcionario, polo feito de superar unha oposición, quedaba e queda investido dunha dignidade permanente ata a xubilación por idade ou calquera outra causa, sendo na práctica intocado e case intocable.

Unha vez conseguido o nomeamento era e é ben difícil que fose controlado na súa actividade e disposición, e se non daba a talla sería cambiado de cometido pero sen outras medidas disciplinarias, do mesmo xeito que se era especialmente válido e capaz tampouco ía recibir máis gratificacións que as que por antigüidade ou nomeamentos para cargos especiais lle correspondesen.

Non había, non hai polo de agora –pois-, aliciente ningún para o bo funcionario, do mesmo xeito que non había nin hai reprensión ou castigo para o funcionario malo.

Se ese novo sistema funcionara de forma axeitada, se fose un sistema de premios e castigos, e os exames ou revisións fosen feitos por funcionarios especialmente capacitados para a función podería ser un bo avance na mellora da administración pública.

A estas alturas do ano – parece ser que antes de fin de ano estará en marcha o proxecto- o tema preocupa e moito, polo feito da existencia duns exames que non se sabe como van ser, quen os vai facer e con que intención. Tempo ao tempo, pero se a intención é correcta, sen intereses partidarios, tentando mellorar unha administración cada día máis complexa, non se deben esperar máis que bos resultados da iniciativa. E todos, especialmente os bos funcionarios, contentos polos bos resultados que se poden obter.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania