Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De compras

jueves, 14 de noviembre de 2013
Na Galicia rural dos meus tempos de nena, a maiorá das compras facíanse nas feiras ou na vila máis cercana.

As feiras eran un lugar multiusos: vendíase, comprábase o necesario na medida das posibilidades de cadaquén, comunicábase con amigos, coñecidos e descoñecidos. Negociábase todo o negociable ...
Facíanse amistades.
Etc, etc.

As feiras eran un punto de encontro moi importante. En boa medida debíase a que a inmensa maiorá da poboación rural galega daqueles tempos, dedicábase exclusivamente á agricultura e á gandeiría.

As aldeas estaban ateigadas de persoas que se acomodaban en casas labregas nas que convivían varias xeracións.

Aquela vida era moi dura. Traballábase de sol a sol e desde que se tiña uso de razón ata que decaían as forzas.

Pouco a pouco a xente moza foi emigrando ás vilas ou ó extranxeiro na procura dunha vida mellor.

No campo introduciuse a maquinaria agrícola que sustituía moitos brazos de traballo; pero pouco a pouco a industria foi introducindo productos doutros lugares e o campo galego en moitos casos está quedando abandoado.

Este cambio social levou consigo a prática desaparición das feiras. Na actualidade quedan moi poucas. Só as mellores.

Pero os humanos consumimos máis que nunca.

¿Onde compramos?

A resposta sabémola todos: nas grandes superficies que proliferan nas nosas vilas e cidades.

Moitas veces saímos da casa por ir a dar unha volta.
E...¿Onde nos metemos?

Normalmente nos grandes almacéns sobre todo cando hai rebaixas e cando fai mal tempo. Outras veces por curiosear.
Estamos ó abrigo, distraémonos e de paso...

¿Que nos ofrecen as grandes superficies?
De todo e de tódolos países.


¿Como nolo presentan?
Da mellor forma posible, utilizando todo tipo de estratexias psicolóxicas para que compremos canto máis mellor:

-QUE SI ESTE PRODUCTO ESTÁ DE OFERTA.
(E ó lado colócannos outro atractivo e caro para compensar co anterior)

-QUE SE AQUEL É O ELIXIR DA VIDA. (E póñennos unha fotografia dunha persoa chea de vitalidade, á que non lle fai falta nada para estar radiante)

-QUE AQUELOUTRO REXUVENECE. (Coa foto correspondente de alguén que aínda non lle pasou por riba o tren da vida)

-QUE SE PRODUCE A FELICIDADE. (Como se a felicidade se poidera comprar con cartos)

-QUE SE É DE ÚLTIMA XERACIÓN. (Como se o que é de toda a vida, pasara de moda)
Que conste que non estou en contra do progreso, todo o contrario. Ó progreso nunca se lle debe poñer freo. Outra cousa ben distinta é comprar o que non se necesita, sobre todo cando van as contras xustas.

-QUE ESE PRODUCTO É O QUE USA TAL OU CUAL ARTISTA OU FAMOSO. (¡Pero se a miña vida non ten nada que ver coa desa persoa!)

-QUE É O MÁIS ANUNICADO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS... ( É doado adiviñar quen vai paga-los os gastos do anuncio; pero eso non nolo din)

E un longo etc.

¡Eu que sei!

Total que a persoa compradora ten ante os seus ollos un amplo escaparate de multitude de productos que non fan máis que tentala.
A tentación preséntase con un sen fin de eufemismos, de tal xeito que se non é hoxe, será mañá; pero quen máis e quen menos, compra. Por eso proliferan tanto as grandes superficies.

COMPRA NON SÓ O QUE NECESITA, SENÓN MOITAS OUTRAS COUSAS QUE NIN TIÑA PENSADO COMPRAR, NIN TAMPOUCO LLE FACÍAN FALTA NINGUNHA; PERO COMO ERAN BARATAS…

É así como caemos no consumismo compulsivo que leva consigo varios inconvintes:

-Gastamos máis do que debemos en cousas que non debemos.

-Vivimos para traballar porque hai que comprar e non nos queda tempo para pensar, para gozar, para formarnos e para disfrutar da vida de familia.

-Compramos para consumir e moitas veces o que facemos é bota-la saúde a perder comendo cousas que teñen moi pouco ou nada de saudables.

-Consumimos productos de fóra e deixamos de lado os da casa; o que implica que estamos arruinando ó veciño e con el ó noso propio país. ¡Que listiños somos!

-Ó comprar productos de lonxe estamos contribuindo eficazmente a contamina-lo medio ambiente con gases nocivos producidos polos medios de transporte que van directamente ó aire que respiramos ou á auga que bebemos tódolos seres vivos.

-Voluntaria ou involuntariamente pechamos negocios familiares. Pequenos empresarios que empeñaron o que tiñan –e a veces o que non tiñan- para poñer un negocio e ó pouco tempo séntense impotentes para sostelo.
O resultado é xerar máis paro, menos productividade e menor calidade de vida.

-EMPEORAMOS A CALIDADE DE VIDA DO PAÍS E Ó MESMO TEMPO QUEIXÁMONOS DO MAL QUE ESTÁ. Como se a culpa fora toda dos outros.
Os outros teñen a súa parte de culpa pero é de xustiza que eu cargue coa miña e que aprenda a comportarme responsablemente.

-Consciente ou inconscientemente estamos favorecendo ós amos do mundo que son os que manexan o capital e tamén nos están manexando a nós.

-E outros moitos inconvintes dos que vostede sabe máis ca min.

¿Como podemos poñer remedio a esto?

O normal sería que usáramo-la cabeza racionalmente.
Nunha palabra que actuáramos con criteio propio e non polo que nos presenta o mundanal ruído da publicidade.

¿Como podemos usa-la cabeza?

Cadaquén ten as súa fórmula particular.
Seguramente que a miña non cincide coa súa.
Ademais… ¿Quen son eu para dicirlle a ninguén o que ten que facer?

Pero é ben certo que, en contadísimas ocasións que teño visitado grandes superficies comerciais, observei moitísimas persoas que se paraban aquí e alí, a veces porque lles interesaba algo e outras…que se lles nota que non saben o que queren.

Para aquelas persoas que compran compulsivamente; posiblemente lles fora ben tomar medidas máis ou menos como estas:

1.- Mirar ben o que ten na casa. Normalmente temos máis do que pensamos.
Se nos amañamos co que temos... ¿Para que ir a gastar innecesariamente?

2.- Facer unha lista co que se acaba e con algo novo que se necesite.

3.- Levar a lista cando se vai comprar.

4.- Comprar aquelo que temos na lista e algo máis que se nos puido esquecer á hora de confecciona-la lista.

5.- Se nos apetece un capricho e temos con que pagalo, podemos darnos ese gusto.

6.- A ser posible face-la compra semanal ou mensualmente porque así sabemos máis ou menos o que precisamos para toda a semana ou para todo o mes e non caemos na tentación de ir comprar cada día o primeiro que se nos presenta, sen pensar se é o que nos convén para unha alimentación saudable: rica e variada.

Non sei se estou no certo ó dicir que nos poderíamos amañar con menos cousas se nos paráramos a valorar o que temos comparado co que teñen outras persoas.

Afortunadamente, todos ou a inmensa maioría dos que temos acceso ás novas tecnoloxías; pertencemos ó 2% da poboación mundial e moitas veces non o valoramos na súa xusta medida.

Porque xa dicía unha canción de fai moito anos: “El que tiene un duro, quiere tener dos...”

Todo vai ben mentres que a avaricia non rompa o saco.

¿Onde está o límite da felicidade que produce o ter e a felicidade que produce o ser?

¿Que pasaría se lle dedicáramos máis tempo ó ser que ó ter?

¿ONDE TEREMOS MÁIS CARENCIAS NO SER OU NO TER?

Todo é cuestión de prioridades.
Cada un ten as súas.

-A persoa que está motivada para formarse, dedicalle tempo á súa formación como persoa.
-A que pasa desto, pasa as horas mortas de maneira ben diferente.

Posiblemente deberían tomar boa nota os poderes públicos desta situación, para mellora-la calidade de vida dos cidadáns, ofrecendo facilidades para adquirir productos tanto ou máis atractivos que os que nos presentan as grandes superficies comerciais.
Refírome ós productos de enriquecemento intelectual e persoal.

Esta obervación que fago por escrito é unha simple visión de como vexo eu eso de ir de compras sen ton nin son.

IR DE COMPRAS, SI, CLARO, sempre que faga falta.

COMPRAR COA CABEZA NO SEU SITIO TAMÉN, LÓXICAMENTE.

¿Vostede que opina?

Gustaríame sabe-la súa valiosa opinión, pero como moito me temo que nunca poida sabela, se o considera oportuno, pode falar destes temas coas persoas que están ó seu carón.

Seguro que dará lugar a máis dunha reflexión.

Vostede ten capacidade sobrada para colaborar co seu bo exemplo na calidade de vida das persoas máis próximas e na súa propia.

Graciñas por estar aí e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Saudiños.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES